O virus empeza a baixar nunha A Coruña onde a metade dos convocados foron ao cribado

O cribado poboacional realizado esta fin de semana no recinto feiral ExpoCoruña detectou 14 positivos tras as probas realizadas a 4.878 persoas, dun total de 9.786 citadas, segundo informou a área sanitaria da Coruña e Cee.

|

A incidencia acumulada na Coruña empeza a baixar a pesar das case 5.000 probas extras completadas o o macrocribado da fin de semana. 


Só o 49,8% dos convocados presentouse ás probas. Ou moitos non actualizaron o seu número de teléfono no SERGAS (os avisos mandáronse por SMS), ou unha gran parte da poboación non está polo labor de combater o virus, ou as dúas cousas á vez.



O cribado poboacional realizado esta fin de semana no recinto feiral ExpoCoruña detectou 14 positivos tras as probas realizadas a 4.878 persoas, dun total de 9.786 citadas, segundo informou a área sanitaria da Coruña e Cee.



COMO ESTÁ A UCI?
Nestes momentos, nesta área hai 427 ingresados: 79 en UCI no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e 316 en planta; en Quirón: tres en UCI e dúas en planta; Modelo: catro en UCI e 12 en planta e en Cee, once en planta.

Por outra banda, nesta xornada, a xefa do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), María José Pereira, instou á cidadanía para "quedarse na casa" e a "minimizar os contactos sociais". "É un problema de toda a sociedade, só co esforzo de todos podemos conseguir sobrepoñernos", insiste. 


O CHUAC, CONTRA As CORDAS

O venres unha compañeira de oncoloxía xa tachada a situación de crítica. Desgraciadamente, aínda que se confirme a caída de positivos, non haberá alivio nas plantas do CHUAC ata, con sorte, finais desta semana. A hipotética melloría nas saturadas UCIs queda aínda máis lonxe, a semanas vista.


IH9TH coronavirus no concello a coru a evoluci n recente nbsp nbsp  (2)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE