"Se te pos mal, aquí non hai persoal" alertan sanitarios do CHUAC da Coruña tras "colapso" de Urxencias (vídeo)
A protesta de hoxe chegou ata a porta do despacho da Xerencia, onde os traballadores, algúns con roupas de traballo, entoaron cánticos, tocaron bombos e fixeron soar pitos. Posteriormente marcharon diante do Hospital da Coruña lanzando eslóganes como "se te pos mal, aquí non hai persoal".
Centos de sanitarios do CHUAC marcharon esta mañá diante do hospital do SERGAS pola falta de medios. Os profesionais de enfermería de urxencias denuncian que o persoal é insuficiente.
Hai que lembrar que esta semana la Comisión de Centro de Atención Hospitalaria do complexo hospitalario coruñés denunciou o "colapso" do servizo de urxencias. A propia xerencia admitiu "plena ocupación".
A protesta de hoxe chegou ata a porta do despacho da Xerencia, onde os traballadores, algúns con roupas de traballo, entoaron cánticos, tocaron bombos e fixeron soar pitos. Posteriormente marcharon diante do Hospital da Coruña lanzando eslóganes como "se te pos mal, aquí non hai persoal".
RESPOSTA DA XUNTA
O xerente da área sanitaria respondeu ás reinvidicaciones recoñecendo a existencia dun problema, alegando que o SERGAS ten dificultades para atopar persoal e prometendo diálogo para liquidar a cuestión.
Luís Verde Remeseiro declarou que "é verdade que temos moito traballo, vimos dunha época complicada, moitas cousas tivemos que demorala porque había que priorizar" e engadiu que "estamos a tentar recuperar o que se nos quedou atrasado, somos conscientes de que hai que tratar de organizarse, vén unha época do ano complicada, a patoloxía respiratoria, temos que buscar solucións".
Luís Verde (Xerente da área sanitaria da Coruña - Cee): "a dispoñibilidade de profesionais que temos é escasa"
Sobre medidas concretas, por agora só parece que hai en marcha negociacións. "Onte mesmo un grupo de traballo de ámbito de urxencias, integrado por médicos e persoal de enfermería, empezou a traballar para ver que medidas pódense facer para facer máis levadío esta carga". O directivo convida a todos os profesionais a incorporarse a estes grupos.
En canto á raíz do problema, indicou que "a dispoñibilidade de profesionais que temos é escasa" . Un momento complicado para o CHUAC porque "mantemos ese dobre circuíto pola covid" e "a diferenza do que pasou nas primeiras ondas, agora está a vir a urxencias tanto como habitualmente ou case un pouquiño máis", declarou Verde a preguntas da prensa nun acto institucional ao fío de a continuación da vacinación masiva contra o coronavirus no IFECO.
Escribe o teu comentario