RAG

Loito pola escritora e académica Xohana Torres

A RAG lémbraa como "unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que creceron na posguerra".

María Vitoria Moreno será a homenaxeada no Día das Letras 2018

Era a única muller entre os candidatos propostos e tamén a única nada fóra de Galicia

Xa coñecemos os cinco candidatos para o Día das Letras Galegas de 2018

O pleno da Real Academia Galega decidirá este mesmo sábado a personalidade que protagonizará o próximo 17 de maio. 

Freixanes denuncia a desvantaxe orzamentaria da RAG fronte ás academias vasca e catalá

Avanza a presentación de proxectos á Xunta en busca de colaboración, pero tamén resalta o papel doutras institucións "financeiras e económicas". 



A RAG anima a participación escolar na celebración das Letras

Pon en marcha un concurso aberto a todos os centros de infantil e primaria con proxectos colectivos.

O Rexistro de Corcubión négalle o dereito a unha moza a galeguizar o seu apelido

Alega que a forma 'Rey' --que a moza desexa cambiar a 'Rei', a única válida en galego-- pertence a o "acervo nacional"

O dicionario da RAG xa deixa buscar palabras pola forma en feminino

A novidade foi probada no DicionarioLab, un novo espazo para experimentar coas ferramentas de procura.

Víctor Freixanes é elixido novo presidente da RAG

Pide a colaboración do sector crítico e di que a súa "obsesión" será implicar os mozos no uso do galego.

A RAG vota hoxe a candidatura única de Víctor Freixanes á presidencia

Un grupo de académicos críticos faltará ao pleno no que se vota a candidatura | Freixanes, único candiato, necesita polo menos 15 apoios para ser elixido en primeira volta. 

Confírmase a candidatura de Freixanes a presidir a Real Academia Galega

A RAG celebrará o martes, 28 de marzo, o pleno extraordinario no que se escollerá a presidencia e a nova directiva. 

Comeza o proceso de diálogo cara a unha candidatura unitaria á presidencia da RAG

Este venres tivo lugar o pleno polo cal cesou a actual directiva, encabezada por Xesús Alonso Montero. 

O equipo liderado por Alonso Montero á fronte da RAG cesa hoxe o seu mandato

A executiva estará en funcións ata a elección dos novos representantes, que previsiblemente se celebrará no mes de abril. 

Conta atrás para o proceso de relevo do equipo de Alonso Montero á fronte da RAG

A actual directiva cesará este venres nun pleno no que se aprobará a convocatoria de eleccións

Pondal, imaxe do cupón da ONCE con motivo do centenario do seu falecemento

Cinco millóns e medio de cupóns difundirán por toda España este 9 de marzo o aniversario do pasamento do autor de 'Os Pinos'. 

Recordo a Rosalía polo seu 180 aniversario

A RAG celebra este mércores un homenaxe literaria e musical para conmemorar o nacemento da autora.

O ano Carlos Casares celebrará o seu día 'grande' o 17 de maio en Xinzo

Alonso Montero subliñou que, aínda que naceu en Ourense e faleceu en Nigrán, Casares "estivo moi vinculado a Xinzo"

Un libro recompila os apelidos galegos máis frecuentes para evitar a súa "castelanización"

O obxectivo desta ferramenta, dispoñible nos rexistros civís, é facilitar a corrección das formas "deturpadas" e a súa adaptación. 

Dous escritores invidentes do século XIX protagonizan unha conferencia este xoves na Coruña

O presidente da RAG lembrará a obra e a figura do ourensán Valentín Lamas Carvajal e o lingüista Manuel Rodríguez na delegación da ONCE.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE