A estrea do himno galego na Habana cumpre 110 anos
A RAG celebra o mércores un acto que serve tamén como broche ao centenario do falecemento de Pondal.
Palacio do Centro Galego da Habana. Foto: Emprego.gob
A Real Academia Galega celebrará o vindeiro mércores un acto para conmemorar o 110 aniversario da estrea do himno galego, que foi presentado o 20 de decembro de 1907 na capital cubana, A Habana.
A sede da RAG na Coruña acollerá un acto literario e musical que contará coa presenza dos académicos Fernando López Acuña e Ramón Villares. Queiman e Pousa serán os encargados de poñer a nota musical á velada, que concluirá coa interpretación do himno galego.
O Gran Teatro da Habana foi o escenario da estrea pública do himno, con letra do poema 'Os Pinos' de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, quen organizou un certame xunto ao Orfeón coruñés en 1890 onde xurdiu o canto.
Con este acto a RAG pon o broche á celebración de centenario do falecemento de Eduardo Pondal, unha efeméride na que a academia publicou unha antoloxía da obra poética do autor nado en Ponteceso en 1835.
Escribe o teu comentario