Ponteceso lembra a Eduardo Pondal no centenario da súa morte

A fundación que leva o nome do autor do himno galego ha celebrado este domingo a efeméride.


|

Centanariopondal


A Fundación Eduardo Pondal celebrou este domingo en Ponteceso a conmemoración do centenario da morte do escritor. A este acto acudiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que destacou "a orixinalidade e o carácter fundacional da obra do poeta" e afirmou que "é e seguirá sendo un referente".


Segundo explicou a Xunta este domingo nun comunicado, a Consellería, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, está a traballar nun itinerario do 'Rexurdimento' que conecte ás tres figuras do movemento.


"Forman parte do noso imaxinario colectivo como pobo", declarou o titular de Cultura na súa intervención. Neste acto, tres actores interpretaron diversos versos do escritor --entre eles o himno galego--, así como de Rosalía e Curros Enríquez.


Á homenaxe tamén acudiron, entre outros, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o representante da Deputación da Coruña, Xesús Soto; e o alcalde de Ponteceso, Lois García.

relacionada Pondal, imaxe do cupón da ONCE con motivo do centenario do seu falecemento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE