Xa coñecemos os cinco candidatos para o Día das Letras Galegas de 2018

O pleno da Real Academia Galega decidirá este mesmo sábado a personalidade que protagonizará o próximo 17 de maio. 


|


CarloscasaresxinzoRAG

O pleno da Real Academia Galega reúnese este mesmo sábado para escoller á personalidade que se protagonizará as homenaxes e actos do Día dás letras Galegas para o próximo ano.


Nesta ocasión, presentáronse un total de cinco candidaturas: Ricardo Carballo Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo e María Vitoria Moreno Márquez.


Os académicos reuniranse este sábado en pleno ordinario e en sesión de mañá para decidir cal destes nomes será a figura homenaxeada en 2018 e está previsto que o presidente da RAG, Víctor Freixanes, comunique a decisión ao termo do encontro.


O escritor e filólogo Carballo Calero foi unha das candidaturas máis repetidas no últimos anos para optar ás Letras Galegas. Nacido en Ferrol, foi un defensor das teses etimolóxicas que derivaron no movemento reintegracionista e cultivou a poesía (Vieiros, Poemas pendurados dun cabelo), ademais dunha ampla produción ensaística.


Plácido Ramón Castro del Río, orixinario de Cambados, foi un escritor, xornalista e un destacado tradutor ademais dun importante representante do galeguismo de entreguerras. Exiliado durante a ditadura, foi o impulsor do Galician Programme na BBC, a primeira emisión radiofónica en lingua galega da historia.


Antón Fraguas, pola súa banda, foi un histórico galeguista nado en Cotobade. Escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, Fraguas dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación ata o seu falecemento. Entre outros recoñecementos, en 1984 recibiu a medalla Castelao e no ano 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia.


Eusebio Lorenzo, nacido en Dodro, destacou pola súa faceta poética, como Os días esquecidos e Ou corpo e as sombras, aínda que tamén cultivou a narrativa xuvenil. Colaborou como ensaísta na revista Graal con estudos sobre poesía.


Finalmente, María Vitoria Moreno Márquez, nada en Cáceres, cultivou a literatura infantil e xuvenil, a poesía, o ensaio, a narrativa e a tradución, ademais de participar activamente na vida cultural e política de Pontevedra. Dirixiu colección "Árbore" da editorial Galaxia.

relacionada Casares, contador de historias e incansable defensor da normalización do galego
relacionada Xinzo de Limia, o "Macondo" de Casares, rende homenaxe ao seu veciño máis ilustre

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE