Arde un camión do lixo en García Barbón, no centro de Vigo

O vehículo tivo que tirar todo o lixo á rúa para sufocar o incendio. Finalmente, logrou salvar a cabina. Non hai feridos.


|

Imagen de la basura en la calle García Barbón.
 

Un camión do lixo incendiouse na madrugada deste mércores en Vigo, deixando toda a súa carga esparexida en plena rúa García Barbón.

Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, foi sobre as 03.15 horas cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu unha chamada asegurando que un vehículo de recollida de lixo estaba a arder.

Por iso, rapidamente deuse aviso á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo. Estes últimos explicaron que non ardeu a cabina do camión, senón toda a parte traseira onde se almacena a carga.

Testemuñas presenciais informaron a Europa Press de que foi necesaria a apertura manual do camión e deixar saír toda a súa carga de lixo á estrada para apagar as chamas.

Pola súa banda, o vehículo puido abandonar o lugar en por si, sen necesidade de ser remolcado. Ademais, cabe destacar que non houbo que lamentar danos persoais.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE