O Rexistro de Corcubión négalle o dereito a unha moza a galeguizar o seu apelido

Alega que a forma 'Rey' --que a moza desexa cambiar a 'Rei', a única válida en galego-- pertence a o "acervo nacional"


|

Corcubionrexistro


Institucións e movementos sociais deron un paso adiante na defensa do dereito dos cidadáns para restituír a forma galega dos seus apelidos. En concreto, entidades como a Real Academia Galega ou A Mesa denunciaron o caso dunha moza á que o Rexistro Civil de Corcubión lle denegou o cambio de 'Rey' a 'Rei', a pesar da legalidade "ampara" a súa solicitude.


"Habitualmente este trámite realízase sen maiores complicacións pero, lamentablemente, en contadas ocasións dáse o caso de que algúns funcionarios de rexistros civís ou xulgados poñen obxeccións de distinto tenor, sempre carentes de fundamento obxectivo, obstaculizando o exercicio deste dereito", indica a Academia galega.


En concreto, este tipo de peticións están recoñecidas pola Lei 40/1999, que autoriza a regularizar os apelidos ortográficamente cando a forma inscrita no Rexistro non se adecue á gramática e fonética da lingua española correspondente, neste caso a galega.


A RAG acusou a esta entidade de "incumprir a normativa legal" ao denegar a galeguización deste apelido á solicitante, desvelando que a propia moza presentou un ditame da institución académica no que se demostra que 'Rei' é "a única forma adecuada á gramática e fonética do galego para este apelido".


"Neste caso", insiste a Academia, o argumento esgrimido polo rexistro, de que a forma 'Rey' pertence "ao acervo nacional", sitúase "no ámbito das opinións ideolóxicas particulares e non ten base nin científica nin legal", polo que se ve "na obrigación de lembrar que a restauración dos apelidos ao galego é un dereito que non pode ser ignorado por ningunha instancia burocrática".


A propia RAG publicou recentemente unha listaxe de formas galegas correctas dos apelidos coas súas correspondentes formas "deturpadas e castelanizadas", tras centos de ditames emitidos durante décadas en resposta ás peticións dos cidadáns, entre os que figura o apelido 'Rei'. "Non é traducir, é restituír a onomástica galega á súa forma orixinal", matizou.


PROTESTA DA MESA


Do mesmo xeito, a asociación A Mesa pola Normalización Lingüística protagonizou unha concentración ante o xulgado de Corcubión en defensa do "dereito para galeguizar os nomes e apelidos".


No propio rexistro presentáronse alegacións para que se permita a restitución do apelido e presentáronse diferentes documentos para certificar que 'Rey' é unha forma "de deturpar" o apelido galego e "incorrecta ortográficamente".


"Todo o mundo ten dereito a chamarse polo seu propio nome na súa lingua tal e como di o convenio-marco para a protección das Minorías Nacionais e como recoñece a lexislación española vixente", destacou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, presente na protesta.

relacionada Un libro recompila os apelidos galegos máis frecuentes para evitar a súa "castelanización"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE