Un libro recompila os apelidos galegos máis frecuentes para evitar a súa "castelanización"

O obxectivo desta ferramenta, dispoñible nos rexistros civís, é facilitar a corrección das formas "deturpadas" e a súa adaptación. 


|

Anaboullon


A Real Academia Galega (RAG) editou un libro que recolle nunha listaxe normalizada os 1.500 apelidos máis frecuentes co obxectivo de facilitar a corrección das "formas deturpadas" e adaptalas á forma correcta galega.


O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, presentou este mércores en rolda de prensa 'Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización', acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.


Co propósito de facilitar a restitución das formas correctas, a RAG editou este libro con 1.500 apelidos que abarca en conxunto preto do 90% da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, pero en concreto para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos.


Precisamente, segundo avanzou o director xeral de Xustiza, este ferramenta xa está dispoñible nos xulgados e rexistros civís de Galicia, cuxo persoal poderá axilizar agora os trámites para adaptar os apelidos.


Pola súa banda, o director xeral de Política Lingüística agradeceu a iniciativa da RAG, que dá a oportunidade de poñer esta ferramenta ao servizo da cidadanía. Ana Isabel Boullón, membro do equipo do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega foi quen realizou este traballo, en cuxa ampliación se seguirá traballando.


CASTELANIZACIÓN 


O galego como idioma instrumental foi desprazado na escrita desde principios do século XVI, e unha das súas consecuencias foi que os nomes propios comezaron a modificarse. En total, calcúlase que un 16% das formas foron castelanizadas.


Bermejo en lugar de Vermello, Corujo por Coruxo ou Gestal por Xestal con algunhas das mostras das formas castelanizadas de apelidos galegos.


Ademais da forma correcta de 1.500 apelidos, o libro inclúe un glosario de formas e grafías anómalas coas súas correspondentes formas estándares para facilitar a resolución de dúbidas.

relacionada A CIG e A Mesa alertan á Xunta de que o decreto do plurilingüismo e a LOMCE chocan
relacionada O PSOE propón unha lei para normalizar as linguas cooficiais na Administración estatal
relacionada O Sergas, o organismo público que máis queixas rexistra por "racismo lingüístico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE