María Vitoria Moreno será a homenaxeada no Día das Letras 2018

Era a única muller entre os candidatos propostos e tamén a única nada fóra de Galicia


|

Mariavictoriamoreno


O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Vitoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 - Pontevedra, 2005), segundo fixo publico este sábado a Real Academia Galega. Moreno era a única muller entre os candidatos propostos (Ricardo Carballo Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas e Eusebio Lorenzo) e tamén a única nada fóra de Galicia


A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.


Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Vitoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora, e de seguida asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as letras da Comunidade tanto en narrativa como en estudos literarios, en ensaio, en poesía e en didáctica da lingua e da literatura galegas.


"Eu non son alófona, porque o que practico, se é que escribo, podería definirse como unha amorosa autofonía. A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declarou María Vitoria Moreno en 1993.

relacionada Xa coñecemos os cinco candidatos para o Día das Letras Galegas de 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE