A RAG anima a participación escolar na celebración das Letras
Pon en marcha un concurso aberto a todos os centros de infantil e primaria con proxectos colectivos.
O concurso enmárcase dentro de 'Primavera das Letras'.
O proxecto web da Real Academia Galega (RAG) 'Primavera das Letras' puxo en marcha o certame 'Contádenos o voso Día das Letras', "un novo espazo de participación aberto a todos os centros escolares de Galicia de infantil e primaria", segundo informa a institución académica.
As iniciativas que concursen serán compartidas en primaveradasletras.gal, onde xa están dispoñibles en aberto 17 actividades interactivas, fichas didácticas e fichas para colorear sobre a vida e a obra de Carlos Casares.
Cada centro poderá participar co proxecto ou proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar como con outros por aula, curso ou etapa escolar.
Este proxecto web naceu en 2016 co obxectivo de buscar un enfoque interdisciplinario que permita traballar tanto nos aspectos lingüísticos e literarios e tamén en competencias de coñecemento do medio natural e social, historia ou educación artística.
Escribe o teu comentario