A prórroga dos alugueres, crucial para miles de familias, en mans de PP, Vox e Junts, que pretenden tombala
O voto negativo das tres formacións deixará no aire unha da propostas clave do plan anticrisis do Goberno.
O texto, en vigor desde a súa publicación no BOE o 20 de marzo, debe ser convalidado polo Congreso nun prazo de 30 días. Pero os votos en contra anunciados por Partido Popular, Vox e Junts per Catalunya suman maioría absoluta e deixan a norma ao bordo da derrogación.
O decreto contempla, entre outras medidas, a prórroga extraordinaria dos alugueres de vivenda habitual e a limitación da subida anual dos prezos do arrendamento.
Escribe o teu comentario