Que gran perda! Centos de botellos de cervexa esparexidos pola estrada en San Cibrao das Viñas
Un sinistro na rotonda de Reboredo, vía da OU-320, provoca retencións pola perda da carga dun camión.
Unha imaxe non apta para sensibles: centos de botellos de cervexa, perdidos e estrelados contra o pavimento. Un tráxico suceso, onde afortunadamente non hai que lamentar nin vítimas nin feridos de ningunha clase, pero que tivo lugar este martes en San Cibrao das Viñas, onde os bares teñen hoxe a bandeira a media hasta.
SUCESO
O suceso tivo lugar esta mañá, na estrada OU-320, ao seu paso por San Cibrao das Viñas. Os bombeiros da Deputación de Ourense recibiron unha chamada por "a perda de carga dun camión na rotonda de Reboredo", obrigando aos profesionais a desprazar ao lugar para limpar a vía.
O incidente provocou que botellas de cervexa, auga e outras bebidas, xunto coas caixas que as transportaban, quedasen esparexidas no medio da estrada, entorpecendo o paso dos vehículos. Foi, de feito, o único inconveniente -ademais dos hostaleiros que esperaban a súa carga-, pois o ocorrido provocou retencións no lugar. Tampouco é a primeira vez que unha circunstancia similar provoca alteracións no tráfico nas vías galegas.
Máis aló do anecdótico, e por fortuna, non hai que lamentar feridos de ningunha clase e todo quedou nun susto, sen que o camión que levaba a carga chocase contra outro turismo nin se reportasen danos materiais importantes.
Escribe o teu comentario