Queremos Galego anuncia unha "gran manifestación de unidade" o Día das Letras

Baixo o lema 'O Galego sen límites', buscan "evidenciar os obstáculos" que sofre calquera cidadán que aspire a "vivir en galego con normalidade"


|

Manifestacionqueremosgalego17M

// Facebook @queremosgalego


A plataforma Queremos Galego, entidade que aglutina decenas de entidades que traballan na defensa e promoción do idioma, convocou unha nova marcha para o próximo 17 de maio que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela.


"Unha gran manifestación de unidade" ese é o obxectivo dos organizadores da iniciativa, coa que buscan a implicación dos principais sectores que actúan día a día para salvagardar os dereitos lingüísticos dos cidadáns.


Precisamente, o lema escollido para a xa tradicional manifestación do 17 de maio, 'O Galego sen límites', pretende visibilizar esa implicación cada vez maior a favor da lingua, ademais de "evidenciar a cantidade de obstáculos" que experimenta calquera cidadán que aspire a "vivir en galego con normalidade".


Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz da plataforma, destacou en rolda de prensa que "cada vez hai máis mobilización social" en defensa do idioma, e que "hai sectores moito máis amplos" que se implican nesta tarefa.


Unha situación que se produce en paralelo ao "apartheid lingüístico" que padece a comunidade, segundo Maceira, a través da "exclusión sistemática" do idioma en distintos ámbitos, como a propia administración.


En concreto, referiuse a que a propia normativa, como a lei de Transparencia, "obriga a institucións galeguizadas como os concellos a publicar documentación en castelán".


A "DIGNIDADE" DO POBO


No sistema educativo, por outra banda, prodúcese o "cóctel explosivo" do decreto do plurilingüismo, "que xa limitaba o uso do galego", coa propia Lomce, que rebaixa "aínda máis" o peso do idioma nos centros.


"Hai unha reacción social favorable á lingua pero non un acompañamento por parte do Goberno", matizou o portavoz da Mesa, que esixiu que "a dignidade do pobo galego demostrada na defensa da lingua" se plasme nunha acción de impulso desde a Xunta de Galicia.

relacionada Ourense poñeralle música ao conto 'Formiga' de Carlos Casares
relacionada Os dominios .gal celebran as Letras Galegas rebaixando os seus prezos
relacionada O BNG reta aos mozos a "rebelarse" e cambiar o español polo galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE