Os dominios .gal celebran as Letras Galegas rebaixando os seus prezos

Durante todo o mes de maio, PuntoGal, o dominio galego en internet, contará cunha rebaixa de máis do 60%, polo que se poderán rexistrar dominios por un prezo de 20€. 


|

Dominiopuntogal

PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra este ano o Día das Letras e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha rebaixa no prezo de máis dun 60%. A asociación informa a través da súa web de que se poden rexistrar dominios ou renovalos por un prezo máximo de 20€ (máis IVE) nos rexistradores sumados á promoción, durante todo o mes de maio. 


Celebrando que o vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas e que ademais conincide co Día das Telecomunicacións e Internet, a Asociación PuntoGal rebaixará, durante todo o mes de maio, o prezo dun novo dominio e tamén as renovacións anuais feitas neste tempo. 


As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este período fará posible atopar dominios desde 18,95€ ata os 20€ (máis IVE), polo que PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas dos participantes na promoción para atopar a mellor oferta e servizo que se adapte ás necesidades en cada caso. 


Con esta promoción, PuntoGal celebra 2 anos da primeira web 'dominio.gal'. “Estamos traballando por informar da importancia para as nosas empresas e demais entidades en facerse visible na rede” di Edita de Lorenzo, directora xeral de PuntoGal, quen tamén avanza que haberá mais promocións sectoriais con asociacións profesionais e culturais, seguindo a liña da recentemente iniciada no Día do Libro en colaboración coa Federación de Librarías e Galicia Calidade tratando de achegar o rexistro de novos dominios á sociedade dun xeito económico.


.Gal está xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro, con mais de 100 asociados incluíndo entidades representativas de tódolos sectores sociais e económicos da comunidade galega tanto na xeografía de Galicia coma no exterior, e o reinvestimento dos beneficios que consiga, unha vez consolidado do dominio, serán en programas de promoción da lingua e a rede para a comunidade galega.

relacionada Deputación e Fundación Carlos Casares intensifican a súa colaboración de cara ao 'Día das Letras'
relacionada ​El aeropuerto de Lavacolla recibirá el nombre de Rosalía de Castro
relacionada ​Una compañía aérea dedica un avión a Rosalía de Castro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE