Fai case medo século seis mozas decidiron recoller as cancones tradicionais e darlles novo lustre. Chamábanse Leilía e o seu labor serviu de ponte entre as cantareiras, recoñecidas co Día das Letras Galegas, e a explosión popular da nova música galega que encabezan as 'Tanxus'. Unhas Tanxugueiras que, por certo, anuncian tema canda Leilía este 17 de maio.
A tradicional manifestación de Queremos Galego saíu ás 12,15 da Alameda compostelá e percorreu varias rúas da cidade reivindicando avances para poder usar a lingua propia "sen restricións".
Baixo o lema 'O Galego sen límites', buscan "evidenciar os obstáculos" que sofre calquera cidadán que aspire a "vivir en galego con normalidade".