FOTOGALERÍA | Miles de persoas reclaman en Santiago o dereito a vivir en galego
A tradicional manifestación de Queremos Galego saíu ás 12,15 da Alameda compostelá e percorreu varias rúas da cidade reivindicando avances para poder usar a lingua propia "sen restricións".
Miles de persoas percorren as rúas de Santiago de Compostela, convocadas pola plataforma Queremos Galego, para reclamar ás autoridades avances para poder vivir o día a día utilizando a lingua propia "sen restricións".
A comitiva saíu da Alameda compostelá sobre as 12,15 horas deste mércores, Día das Letras Galegas, liderada por unha pancarta na que se lía 'En galego sen límites' portada por Suso Seixo (CIG), Olalla Rodil (BNG) e Marcos Maceira (A Mesa pola Normalización Lingüística).
En declaracións previas ao comezo da manifestación, Maceira reivindicou o dereito a poder vivir en galego "sen restricións", dado que no día a día danse "impedimentos" en asuntos tan cotiáns como "abrir unha conta bancaria en galego". Ademais, alertou de que o idioma propio cada vez ten "menos presenza" no ensino.
Escribe o teu comentario