Xinzo de Limia centraliza os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas

Santiago acollerá a tradicional manifestación convocada pola plataforma 'Queremos Galego', que sairá da Alameda co lema 'En galego sen límites'. 


|

Big Exposicin Carlos Casares e a fotografia en Ourense


Galicia celebra a vida e obra de Carlos Casares este 17 de maio, levando a súa palabra e o seu recordo a través de todo tipo de actos que se estenderán ao longo de toda a xeografía galega, como recitais, actuacións musicais, exposicións e ata unha concentración moteira.



O municipio de Xinzo de Limia, en Ourense, será o epicentro dos eventos conmemorativos, onde a Real Academia Galega celebrará unha sesión extraordinaria e pública no salón de plenos do Concello, ás 11.30 horas.



O pleno contará coas intervencións de diversos académicos, entre eles Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo, Xesús Alonso Montero e o propio presidente da Academia, Víctor Fernández Freixanes. Ademais, contará coa presenza de diversas autoridades, entre eles o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.



Posteriormente, os actos institucionais desprazaranse a a Praza Carlos Casares, onde se descubrirá unha placa conmemorativa, realizarase unha interpretación do himno galego a cargo da banda de gaitas municipal, realizarase unha lectura de textos do autor e unha breve actuación de María do Ceo.



O programa conmemorativo da localidade contará cunha feira do libro en galego, un 'roteiro' Carlos Casares, teatro infantil e unha concentración de Harley Davidson, lembrando a gran afección polas motos do homenaxeado.



'CONCERTO DAS LETRAS'



O municipio de Ourense tamén acollerá unha batería de actividades conmemorativas na semana das Letras. O mesmo día 17 de maio, haberá distintos postos de venda de librerías ourensás, un 'roteiro' dedicado á figura do autor e diversas actividades de música e maxia.



Todas estas iniciativas súmanse á exposición que permanecerá na Sala Valente ata o próximo 21 de maio, 'Os mundos de Carlos Casares', que repasa a súa figura, obra e o tempo do autor con máis de 500 pezas ligadas á súa traxectoria vital.



MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO


A capital acollerá unha representación de 'A Galiña Azul' no Teatro Principal, diversas actuacións musicais e unha visita guiada polos lugares emblemáticos relacionados co homenaxeado por toda Compostela, entre outras.



En Santiago tamén terá lugar a tradicional manifestación convocada pola plataforma 'Queremos Galego', que sairá da Alameda co lema 'En galego sen límites'.



Na Coruña, pola súa banda, celebraranse talleres, concertos, palestras, concertos e recitais poéticos, no marco dunha programación de 42 actividades organizada en colaboración con 12 librerías da cidade.



O acto principal será a celebración, por segundo ano consecutivo, dunha lectura pública desde o balcón do Pazo de María Pita en homenaxe a Carlos Casares.



OUTROS MUNICIPIOS



Pola súa banda, en Pontevedra, ademais da extensa programación planeada para o Mes das Letras, realizarase unha alfombra floral e un acto popular de homenaxe, coa actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asociación Sociocultural do Burgo e da Banda de Música, xunto a un recital poético.



En Lugo, actuará a Banda Municipal e celebrarase un festival de danza tradicional de nenos dos colexios da cidade, ademais dun concerto coral dedicado ás Letras Galegas.



Na cidade olívica, o Auditorio Municipal do concello acollerá o concerto 'Letras Galegas', que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo en homenaxe a Carlos Casares.



O conxunto interpretará obras de Juan Eiras e M. Argibay que estarán acompañadas da lectura de contos e textos do homenaxeado extraídos da obra 'Vos escuros soños de Clío' por parte de Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez.



Así mesmo, a Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrece unha exposición coas principais obras de Casares e outras das máis significativas da literatura galega, que se completa cunha mostra de carteis conmemorativos das Letras Galegas doutros anos. Ambas permanecerán para a súa visita ata o 31 de maio.

relacionada As bolsas de compra de Gadis achegan a literatura de Casares aos fogares galegos
relacionada Leiceaga: "Necesitariamos no Parlamento actual moitos Carlos Casares"
relacionada Ourense convértese en 'Capital do Día das Letras' para homenaxear a Casares
relacionada CLUN coloca a Carlos Casares nun millón de cartóns de leite Feiraco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE