Ourense convértese en 'Capital do Día das Letras' para homenaxear a Casares

Entre os días 12 e 17 de maio haberá nove actividades coas que o Concello pretende "devolver a Casares parte do agarimo que deu á cidade"


|

Carloscasares2


O Concello de Ourense presentou este xoves o programa de actividades con motivo da Semana das Letras, nove citas coas que aposta por converterse na "capital do Día dás Letras" de Galicia entre os días 12 e 17 de maio.


Concertos, teatro, actividades infantís e recoñecementos oficiais á figura de Carlos Casares, son algunhas das propostas coa que o Concello pretende "devolver a Carlos Casares parte do agarimo que nos deu como cidade".


Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación do programa previsto con motivo das Letras galegas, nun acto que contou coa presenza do presidente da Fundación Casares, Xabier Casares, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.


PROGRAMACIÓN


A programación abrirase o venres 12 de maio coa representación no Auditorio da obra 'Os mortos daquel verán'. O 15 de maio, a Praza de San Martiño acollerá ás 11,30 horas un espectáculo de contacontos chamado 'Cocorocó', interpretado pola actriz Raquel Queizas e dirixido a alumnos de 5º e 6º de Primaria.


O martes 16 de maio o Salón de Plenos do Concello acollerá ás 12,00 horas o acto de entrega do título de Fillo Predilecto a Carlos Casares. Ás 13,30 horas descubrirase unha placa-escultura nos xardíns de Bispo Cesáreo.


Ás 20,30 horas o Auditorio acollerá o 'Concerto das Letras Galegas', a cargo da Real Filharmonía de Galicia e coa colaboración da Coral de Ruada.


O día das Letras Galegas, 17 de maio, instalaranse postos para a venda de libros na rúa do Paseo. Ás 11,30 horas iniciarase un percorrido pola ruta literaria dedicada a Carlos Casares, a cargo do profesor Alfonso Monxardín.


CONCERTO BASEADO EN OBRAS DE CASARES


As actividades completaranse cun espectáculo de maxia no Centro Cultural Anxo Valente, ás 12,00 horas, e un concerto musical do cantautor ourensán Emilio Rúa, que poñerá música a varios textos do escritor ourensán.


Para Jesús Vázquez con esta programación "Ourense vai saber estar á beira de Carlos Casares". O rexedor resaltou especialmente a ruta literaria polas rúas da cidade vinculadas á vida e obra de Carlos Casares.


Ademais, Vázquez destacou que se trata da segunda ruta deste tipo que ofrece a cidade e que se suma á ruta de 'A Esmorga', que percorre os escenarios da obra do escritor Eduardo Blanco Amor. E manifestou o seu desexo de que esta proposta sirva para "consolidar a Ourense como a cidade literaria de Galicia".


A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, defendeu que "todo" o que fagan "será pouco para conmemora a Carlos Casares, que tanto achegou á bagaxe cultural da cidade"; mentres que o irmán do escritor Xabier Casares reivindicou as "actividades centradas nos nenos".

relacionada CLUN coloca a Carlos Casares nun millón de cartóns de leite Feiraco
relacionada Ourense poñeralle música ao conto 'Formiga' de Carlos Casares
relacionada Galaxia presenta a primeira biografía de Carlos Casares, "un contador de historias"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE