Galaxia presenta a primeira biografía de Carlos Casares, "un contador de historias"

Escrita por Henrique Monteagudo, o homenaxeado este ano coas Letras Galegas aparece descrito como "un gran conversador"


|

Henriquemonteagudocarloscasaresbiografia


A Editorial Galaxia presentou este luns a primeira biografía do escritor Carlos Casares (1941-2002), ao que se homenaxea este ano coas Letras Galegas. Fíxoo nun acto ao que acudiron o director da editorial, Francisco Castro, e o escritor do volume, o profesor da USC Henrique Monteagudo.


O libro, titulado 'Carlos Casares. Un contador de historias', pretende ser unha "biografía concisa e ben documentada". Neste sentido, Monteagudo explicou que o escritor ourensán describíase como "un contador de historias" e asegurou que, na súa opinión, "o máis importante do seu legado é a súa obra literaria".


Unha literatura que, sinalou o biógrafo, "é a manifestación escrita do Casares oral". E é que, segundo Monteagudo, o escritor era un "gran conversador".


"Era un auténtico encantador de serpes, cada vez que collía a palabra tíñanos a todos horas e horas contando historias", engadiu o tamén secretario da Real Academia Galega e codirector de revístaa Graal.


Pola súa banda, o director de Galaxia destacou que se trata de unha "biografía escrita por un biógrafo que, ademais, era amigo", polo que "as páxinas do libro destilan agarimo e proximidade".


CONVIDAR A LER E RELER A CASARES


Sobre este tema, Monteagudo asegurou que tratou de escribir un "libro obxectivo, con información documentada e real". Ademais, afirmou que, na súa opinión, é o que a Casares lle gustaría.


Así mesmo, o biógrafo apuntou que o obxectivo deste libro é "convidar a quen non coñeza a Carlos Casares a lelo" e "a quen o lea, axudarlle a botar outra ollada" e "convidarlle a relela".


"UN XIGANTE DA LITERATURA UNIVERSAL"


Finalmente, Castro lembrou que o homenaxeado, ao que definiu como "un xigante da literatura universal", dirixiu durante "moitos anos" Galaxia e a súa obra está publicada na editorial.


O libro presentarase ao público o vindeiro martes 21 en Santiago e o mércores 22 en Ourense. O acto en Compostela terá lugar na librería Couceiro e acudirán Monteagudo e Castro acompañados polo escritor Antón Riveiro Coello.

relacionada O ano Carlos Casares celebrará o seu día 'grande' o 17 de maio en Xinzo
relacionada A Xunta propón ao Instituto Cervantes homenaxear en Madrid a Carlos Casares

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE