A Xunta propón ao Instituto Cervantes homenaxear en Madrid a Carlos Casares

O Instituto realizará cursos de lingua ou cultura galega nos seus centros así como nas cidades nas que se radiquen lectorados de lingua, cultura e literatura galegas.


|

Carloscasares2

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse este mércores co secretario xeral do Instituto Cervantes, Rafael Rodríguez-Poña, a quen propuxo a celebración dun acto de homenaxe en Madrid á figura de Carlos Casares, coincidindo co ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.


O obxectivo de Cultura é implicar neste acto, ademais da o Cervantes, á Real Academia Española, dada a "importante relación" que o autor tivo coa actividade literaria nacional.


Durante o encontro, o conselleiro e o secretario xeral tamén profundaron no desenvolvemento das liñas de actuación comprendidas no convenio asinado o pasado 7 de setembro, segundo o cal o Cervantes programará e realizará, en función da demanda existente, cursos de lingua ou cultura galega nos centros dependentes de el, así como nas cidades nas que se radiquen lectorados de lingua, cultura e literatura galegas.


No encontro abordouse a posibilidade de levar a exposición 'José Suárez. Uns ollos vivos que pensan', da Cidade da Cultura, a distintos centros do Instituto Cervantes en París e Tokio, así como a Nova Deli.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE