Recordo a Rosalía polo seu 180 aniversario
A RAG celebra este mércores un homenaxe literaria e musical para conmemorar o nacemento da autora.
A Real Academia Galega (RAG) celebra este mércores o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha homenaxe literaria e musical.
Segundo informou a institución, o músico Roi Casal interpretará poemas da escritora nun acto no que tamén se recitarán os seus versos a cargo de Rosalía Rial, Ánxeles Penas e os académicos Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo.
A celebración terá lugar a partir das 19,30 horas no salón de actos da Academia. A entrada é libre ata completar o aforo, aínda que é necesario retirar invitación.
Ademais, para conmemorar o nacemento da escritora, en febreiro de 1837, o arquivo da RAG puxo a disposición do público a principios deste mes a súa colección de imaxes da autora.
Escribe o teu comentario