Podemos Lugo recoñece que será "complicado" alcanzar un acordo con Lugonovo para unha lista de unidade nas municipais
Mentres fontes de Podemos Galicia ven moi avanzado un pacto con Esquerda Unida e ANOVA para o #28A, a organización nacionalista en Ourense ataca á súa dirección galega por supostamente desoir ás bases do partido que fundou Xosé Manuel Beiras.
Este 8 de marzo sairemos ás rúas amosando que o éxito do ano pasado non foi casualidade, senón continuidade. Que o movemento feminista leva décadas traballando por unha transformación social que é lenta, pero imparable, por moito que se cuestionen dereitos que hoxe desfrutamos todas.
Un dos éxitos do pasado 8 de Marzo foi a visualización destas realidades ocultas. Extraelas do ámbito privado para dar contas da trama estrutural de opresións que se atopa detrás de cada una delas, e que non podemos aceptar como algo natural.
O lider de Podemos Galicia lembra que a coalición "tivo resultados históricos" en 2015 e 2016 e apela á "responsabilidade" doutros actores políticos.
Os dous líderes, de En Marea e Podemos Galicia respectivamente, mantiveron un encontro esta semana para barallar alternativas para as eleccións. A posibilidade dunha escisión segue gañando enteiros.
As mareas afrontan contrareloj o debate para formar unha candidatura única, que salve a forte división que arrastra a confluencia. Hoxe luns, polo menos tres mandatarios saíron a palestra para facer chamamentos á calma e evitar dúas listas. Ademais, un representante do PSOE rexeitou de plano unha posible coalición de esquerda que inclúa tamén aos socialistas e ao Bloque.
Pedro Sánchez dirá este venres para cando adianta as eleccións. Neses comicios haberá unha candidatura de En Marea, pero, visto o visto, será moi diferente á que quedou en segundo posto na anterior cita en Galicia. Podemos, ANOVA e Esquerda Unida insisten en que Villares non ten autoridade para marcar o que deben votar os deputados en Madrid. Neste momento, parece imposible que acepten ir nunha candidatura baixo o paraugas de En Marea que sostén Villares. Só una dos cinco parlamentarios, Alexandra Fernández (ANOVA), ponse ao lado do líder autonómico, acusando os seus compañeiros de crebar a disciplina.
Podemos non aparece o oitavo posto, pero non o partido morado -cuxo líder asistiu á presentación-, apoia á única lista presentada. A gran novidade é Iago Martínes, actual Xefe de Gabinete.
Unhas eleccións nas que deben estar EN MAREA e PODEMOS pero non enfrontados: sería un suicidio inxustificable, sería facerlle un regalo as dereitas (PP, Cs e VOX)
O errejonismo empeza a mover as súas bazas en Galicia. E fano cun órdago, cuestionando a limpeza das recentes primarias que gañou Antón Gómez Reino, próximo a Pablo Iglesias. A nivel estatal, Podemos rexeita a auditoría que pide o sector crítico galego.
No medio da marusía estatal pola candidatura de Errejón á Comunidad de Madrid, aparece un informe que denuncia presuntas "irregularidades" nas eleccións en Galicia que perdeu Carolina Bescansa, próxima a Errejón. A actual dirección, próxima a Pablo Igrexas, desacredita ese documento. Bescansa é unha das deputadas que criticaron a situación en Podemos tras coñecerse a marcha do seu ex-número 2.
A pesar de romper co partido, quere manter unidos os grupos parlamentarios en Santiago e Madrid
Os votos na primarias de En Marea podían ser cambiados, di o perito externo contratado por Podemos
O Comité Electoral dará os resultados finais das primarias de Podemos esta tarde. Pase o que pase, o incendio na confluencia seguirá ardendo.
A pesar das dificultades que presenta o proceso de votacion, o lider de Podemos Galicia chama aos inscritos a participar nas primarias.
Artigo de #opinión de Manuel Barbeitos sobre o actual conflicto dentro de #EnMarea
Podemos Galicia dá a súa versión sobre o caos das primarias de En Marea. O partido morado insiste en que a paralización das votacións foi irregular e demanda a súa reactivación de forma "áxil e absolutamente transparente".
As primarias da confluencia seguen suspendidas sen data. O grupo oficialista de Villares enarbora auditorías para saber quen supostamente entrou no censo. Mentres, a candidatura dos críticos reclama que se "axilice o proceso".