Nas eleccións xerais poida que haxa unha papeleta de En Marea, pero non será o mesmo
Pedro Sánchez dirá este venres para cando adianta as eleccións. Neses comicios haberá unha candidatura de En Marea, pero, visto o visto, será moi diferente á que quedou en segundo posto na anterior cita en Galicia. Podemos, ANOVA e Esquerda Unida insisten en que Villares non ten autoridade para marcar o que deben votar os deputados en Madrid. Neste momento, parece imposible que acepten ir nunha candidatura baixo o paraugas de En Marea que sostén Villares. Só una dos cinco parlamentarios, Alexandra Fernández (ANOVA), ponse ao lado do líder autonómico, acusando os seus compañeiros de crebar a disciplina.
Villares censura que catro deputados votasen contra a postura marcada pola dirección e Anova, EU e Podemos renegan do partido instrumental
Pedro Sánchez dirá este venres para cando adianta as eleccións. Neses comicios haberá unha candidatura de En Marea, pero, visto o visto, será moi diferente á que quedou en segundo posto na anterior cita en Galicia. Podemos, ANOVA e Esquerda Unida insisten en que Villares non ten autoridade para marcar o que deben votar os deputados en Madrid. Neste momento, parece imposible que acepten ir nunha candidatura baixo o paraugas de En Marea que sostén Villares. Só unhados cinco parlamentarios, Alexandra Fernández (ANOVA), ponse dolado do líder autonómico, acusando os seus compañeiros de crebar a disciplina.
A división de voto entre os deputados de En Marea durante o debate das emendas á totalidade dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) xerou unha nova brecha interna na confluencia galega que se produce coa convocatoria das eleccións xerais no horizonte tras fracasar o intento do Goberno de Pedro Sánchez de sacar adiante as contas para este ano.
E é que só a deputada de En Marea Alexandra Fernández respectou a liña marcada pola dirección do Consello das Mareas --máximo órgano de decisión entre plenarios-- e votou 'non' ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE), cuxa devolución tamén apoiou PP, Cidadáns, ERC, PDeCAT, CC, UPN, Bildu, Foro e outra deputada de En Comú adscrita a Unidos Podemos, Marta Sibina.
O resto dos deputados de En Marea integrados en Unidos Podemos-En Comú-En Marea --Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Miguel Anxo Fernán Vello-- secundaron a directriz do Grupo Confederal que lidera Pablo Iglesias.
VILLARES CRITICA, PERO NON FORZA A SITUACIÓN
Horas despois, o portavoz de En Marea, Luís Villares, comparecía ante os medios para lamentar que estes últimos "non seguisen as directrices da organización", algo que, para o maxistrado en excedencia, "non debe volver repetirse". Con todo, evitou concretar se a dirección que el mesmo encabeza baralla tomar medidas disciplinarias contra os parlamentarios que votaron contra a liña trazada polo Consello dás Mareas.
ARGUMENTOS DOS CRÍTICOS
Pola súa banda, Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova --os integrantes da candidatura que se presentou ás eleccións xerais de xuño de 2015-- emitían senllos comunicados nos que critican os rexeitamentos aos orzamentos e marcan distancia coa dirección de En Marea, lembrando que os deputados foron electos por unha coalición electoral previa á constitución do partido instrumental na Asemblea de Vigo, celebrada un mes máis tarde da cita coas urnas.
Estas tres formacións formaban parte da candidatura derrotada por Villares nas recentes primarias de En Marea. Iso si, no medio de denuncias de fraude.
DIVISIÓN NO GRUPO
Mentres arrincaba a segunda xornada do debate dos presupestos nas Cortes, o Consello das Mareas difundía un comunicado no que ratificaba a súa postura contraria a facilitar a aprobación dos PGE por consideralos negativos para Galicia ante o descenso de 19 puntos no investimento estatal para a comunidade.
Minutos depois, só Alexandra Fernández votaba non ás contas, os que constitúe o último episodio da fractura interna na que vive instalada o partido instrumental desde hai meses, cunha dirección do partido liderada en Galicia por Luís Villares que non recoñece o sector crítico, no que se atopan case todos os deputados do Congreso.
De feito, durante o último plenario celebrado en outubro, os deputados que este mércores desatenderon á dirección política de En Marea negáronse a render contas ante o plenario dunha organización que non recoñecen como propia por ser constituída despois das eleccións xerais de xuño de 2016.
Ese día, Alexandra Fernández tomaba a palabra para cargar contra os seus compañeiros no Congreso, aos que chegou a acusar de guiarse por "intereses persoais" e de actuar como "satélite" de Unidos Podemos. Este martes, as diferenzas entre Fernández, membro de Anova aínda que aliñada no sector crítico coa dirección do partido nacionalista, e os seus compañeiros volveron a quedar explicitadas.
LUÍS VILLARES PON A PODEMOS NO PUNTO DE MIRA
Durante a tarde deste mércores, Luís Villares abandonou momentaneamente a sesión plenaria que se celebraba na Cámara galega para facer declaracións desde a sede de En Marea, situada nas proximidades do Pazo do Hórreo.
"En Marea é un espazo político soberano, non estamos sometidos á disciplina de voto de Podemos. Son os nosos aliados, pero non estamos subordinados a Podemos, nin en Galicia nin no conxunto do Estado. Se Pedro Sánchez tiña negociado algo con Pablo Iglesisas, fantástico; pero iso non inclúe a En Marea, porque os cinco deputados teñen unha dirección política", aseverou.
Así, ante a desobediencia reiterada de catro dos cinco parlamentarios a render contas ante o partido instrumental e a seguir as directrices marcadas polos seus órganos, Luís Villares incidiu en que "a asemblea fundacional de Vigo e os plenarios posteriores" decidiron que a dirección política do grupo no Congreso quedaba en mans dos órganos directivos de En Marea.
O rexeitamento do Congreso dos Deputados ás contas aboca ao Goberno central a unha convocatoria de eleccións xerais que chegarían nun momento de profunda división interna de En Marea, cos tres partidos da coalición de 2016 enfrontados abertamente á dirección de Luís Villares.
Cuestionado sobre o escenario de alianzas para unhas eleccións xerais, Luís Villares comentou que En Marea quere "contar con todo o mundo", incluídos os agora deputados en Madrid, e que a fórmula para acudir á cita coas urnas debe ser a actual: a de partido instrumental de adscrición individual. Unha fórmula que Podemos Galicia sempre rexeitou.
Ademais, engadiu que ha de garantirse que En Marea conte con grupo propio no Congreso, o que non lles foi permitido en 2016 e motivou a súa integración no Grupo Confederal de Unidos Podemos.
PODEMOS SITUA A ALEXANDRA NO "BLOQUE REACCIONARIO"
Pola súa banda, os partidos da candidatura En Marea ás xerais de 2016 --Anova, EU e Podemos Galicia-- aproveitaron para marcar distancias coa dirección de Luís Villares a través de senllos comunicados nos que inciden que os seus representantes foron electos como membros dunha coalición e non baixo o partido instrumental.
Podemos Galicia censura o "bloqueo" a "uns orzamentos sociais e comprometidos" con Galicia que, ademais, "abren a porta a un adianto electoral" que podería derivar na trasladación do 'modelo andaluz' --PP, Cs e Vox-- ao Goberno do Estado. "Hoxe é un día triste para a cidadanía progresista. Os orzamentos máis sociais da última década foron tombados polo bloque reaccionario", engaden.
A continuación, agradece o traballo dos deputados "electos baixo o mandato da coalición En Marea" que, segundo a organización que lidera o parlamentario Antón Gómez-Reino (tamén líder de Podemos Galicia), "traballaron durante meses para un acordo parlamentario histórico no social e que este mércores foi bloqueado polas forzas conservadoras".
ANOVA EVITA CARGAR CONTRA ALEXANDRA
Anova, nun comunicado con críticas cara a Pedro Sánchez e o seu goberno, apoia a postura dos deputados que apoiaron as contas, aínda que matizan que este mércores "non se votaban os orzamentos, senón as emendas á totalidade" presentas por PP, CS, ERC e PDCAT.
Ademais, encadra a decisión de facilitar a aprobación dos PGE na aposta por "frear o avance da extrema dereita" e, do mesmo xeito que EU e Podemos, lembra que os deputados de En Marea foron electos baixo a fórmula de coalición. No seu comunicado, o partido de Beiras non fai mención ao voto contrario de Alexandra Fernández, militante dos nacionalistas, do mesmo xeito que Fernán Vello, que votou a favor. Fernández, en tweet, acusou aos seus compaeros de romper
"Estamos diante dunha cuestión que non ten que ver con partidas orzamentarias, senón sumar en clave antifascista para frear esta tolemia", di o comunicado do partido que cofundó Xosé Manuel Beiras e hoxe encabeza Antón Sánchez.
ARGUMENTOS DE ESQUERDA UNIDA
Esquerda Unida tamén subliña o modelo de coalición empregado en 2016 e nega lexitimidade á dirección de En Marea para marcar as liñas políticas dos deputados electos baixo esa marca. "O acordo de coalición deixa claro e meridiano que as cuestións políticas dirímense nestes ámbitos e non en ningún outro. En Marea como partido instrumental non existía naquela altura nin é un ámbito da súa competencia os acordos subscritos por formacións políticas preexistentes", incide EU, organización liderada pola deputada Eva Solla.
Pediríalles que corrixisen o seu titular. Quen rompeu a disciplina de voto foron os meus compañeiros. Aquí déixolles as fontes oficiais para informarse: https://t.co/HLD4GbK6Ab
— Alexandra Fernández (@aKollontai) 13 de febreiro de 2019
Escribe o teu comentario