Podemos Galicia lanza unha conferencia na que podería deixar En Marea
Os votos na primarias de En Marea podían ser cambiados, di o perito externo contratado por Podemos
Os votos na primarias de En Marea podían ser cambiados, di o perito externo contratado por Podemos
O perito informático contratado por Podemos Galicia para auditar o proceso de votacións das primarias de En Marea conclúe no seu informe que "non se pode garantir a integridade dos resultados do proceso electoral acontecido nas votacións do 22 e 23 de decembro", no que a lista de Luís Villares impúxose con case o 60% dos votos á candidatura do sector crítico, na que participaba o partido morado.
Membros da candidatura Entre Todas, que apoiou Podemos
Esta é unha das conclusións que resalta Lorenzo Martínez, da consultoría 'Securízame', na súa auditoría sobre a primarias encargada por Podemos e á que tivo acceso Europa Press. Nela, o perito afirma que a plataforma de votacións "mostra graves deficiencias" que permiten a "calquera usuario" do sistema acceder a "datos persoais" do resto de persoas inscritas.
Así, determina que Ledmon Markenting, a empresa contratada pola dirección de En Marea para desenvolver unha nova plataforma tras a súa decisión de prescindir da anterior, "non ten experiencia suficiente nin cualificación para levar a cabo un desenvolvemento cunhas garantías de seguridade adecuadas que aseguren a inalterabilidade das votacións do proceso electoral, ou a auditabilidade posterior do mesmo".
"O descoñecemento por parte deste perito sobre quen puido e pode ter acceso á base de datos onde se albergan os resultados de cada votación, non permite a este perito garantir que estes puidesen manter a integridade con relación ao realmente votado por cada usuario durante todo o proceso electoral", apunta a auditoría nas súas conclusións.
VALORACIÓN DE PODEMOS
Ao fío destes datos, Podemos non recoñece o resultado das primarias de En Marea nin os órganos resultantes. En particular, estiman que o liderado de Luís Villares, vencedor das primarias, non é válido.
O partido que lidera Antón Gómez Reino admite que a auditoría non proba que houbese fraude, pero indica que se se puido producir e sospeita que así foi. Podemos Galicia dá por pechado o asunto das primarias con esta auditoría.
Cal é o seguinte paso a dar? Seguirá Podemos Galicia participando en En Marea? Por agora, Podemos non confirma unha escisión, pero chama aos seus inscritos a participar nunha conferencia política, á que tamén convida os partidos e grupos locais que colaboran no espazo rupturista. Será nesa cita na que decida o seu próximo rumbo.
Escribe o teu comentario