Villares alerta que dúas listas serían un "suicidio" para En Marea pero tamén para os gobernos de Santiago, A Coruña e Ferrol

As mareas afrontan contrareloj o debate para formar unha candidatura única, que salve a forte división que arrastra a confluencia. Hoxe luns, polo menos tres mandatarios saíron a palestra para facer chamamentos á calma e evitar dúas listas. Ademais, un representante do PSOE rexeitou de plano unha posible coalición de esquerda que inclúa tamén aos socialistas e ao Bloque.


|

As mareas afrontan con pouquísimo tempo o debate para formar unha candidatura única, que salve a forte división que arrastra a confluencia. Hoxe luns, polo menos tres mandatarios saíron a palestra para facer chamamentos á calma e evitar dúas listas. Ademais, un representante do PSOE rexeitou de plano unha posible coalición de esquerda que inclúa tamén aos socialistas e ao Bloque.



Luís Villares, portavoz de En Marea, e Ana Seijas, membro do Consello dás Mare

Villares nunha recente rolda de prensa


O PSOE NON QUERE FALAR DUN PACTO QUE OS INCLÚA A ELES

O portavoz parlamentario do PSdeG reclamou aos dirixentes das mareas "que poñan orde na súa casa". Xaquín Fernández Leiceaga pediu que "aqueles que queiran ennoviarse co BNG non nos utilicen a nós como 'carabina' ", rechanzando de plano unha hipotética unión de socialistas, as faccións de En Marea e o BNG.


ANOVA NON DESVELA AS SÚAS CARTAS

"A maior amplitude posible no campo de esquerda" é o que busca ANOVA. O socio nacionalista nas mareas insiste en que "non está decidida a fórmula para a concorrencia electoral". Son palabras do seu portavoz, Antón Sánchez, que reclamou que "non hai que anticipar cuestións" a pesar das noticias de que o seu partido, Esquerda Unida e Podemos Galicia xa están a dialogar para unha lista de unidade o #28A.


VILLARES CHAMA A NON POÑER POR DIANTE AOS "PARTIDIÑOS"

Luís Villares cualifica de "suicidio político" que de En Marea nazan dúas listas; a súa do sector oficialista e a que poden montar os críticos de Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida coa mareas urbanas coruñesas. "Non podemos estar en política para pensar en nós mesmos nin nosos partidiños", advertiu. 


Ademais, o líder de En Marea, lanza unha advertencia aos seus posibles socios. Se a candidatura única  non frutifica, será malo para a confluencia a nivel estatal e autonómico e tamén para as mareas locais que gobernan en Santiago, A Coruña e Ferrol.  E é que despois das xerais chegan as eleccións as locais e se hai división nos comicios estatais é evidente que será máis difícil que non a haxa nas votacións municipais.


FERREIRO DIALOGA CON VILLARES PARA EVITAR RUPTURAS

Neste contexto, é lóxico que os chamados "alcaldes do cambio" vexan con preocupación a división de En Marea. Hoxe falou o de Coruña, quen adiantou que xa falou con Villares para tentar tender pontes.


Xulio Ferreiro argumenta que "non hai ningún actor que represente a todo o espazo". O líder da Marea Atlántica entende que a cidadanía "o que quere é que sigamos na liña da unidade"; é dicir, que ás Cortes concorra unha única lista na que colaboren as mareas municipalistas, En Marea e os citados partidos .



O GRUPO PARLAMENTARIO, EN RISCO


De non frutificar a candidatura única -que é o máis probable vista a virulencia do enfrontamento- unha cuestión clave é que pasará co grupo de En Marea no Parlamento de Galicia. Por agora, ningún dos bandos enfrontados quere considerar, polo menos en público, unha posible ruptura do grupo en O Hórreo, grupo no que son maioría os deputados militantes de Podemos Galicia. 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE