Anova

O alcalde de Teo rompe o goberno co PSOE e alude a "vender favores" e "clientelismo"
O alcalde de Teo (A Coruña), Rafa Sito (Son de Teo), retirou as competencias municipais aos seus socios de goberno do PSOE (Uxía Lemus da Iglesia, Roberto Moñino Gil, Mayte Argibay Silva e José Manuel Elías Noya) e queda só xunto a outros tres concelleiros no goberno municipal.
​Unha sentenza do TSXG pode botar por terra multitude de proxectos eólicos en Galicia

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a tramitación do parque de Sadónigas, en Mondoñedo, supón un auténtico terremoto para a carreira eólica na que parece sumida a Xunta de Galicia. 

Segunda sondaxe consecutiva que nega ao PPdeG da maioría absoluta (le todas as enquisas electorais do #5A en Galicia)



Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións autonómicas galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste mércores.

Nova sondaxe deixa un goberno de Feijóo en mans de Vox (le todas as enquisas electorais do #5A en Galicia)

Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste luns.

Martiño Noriega, Fernán Vello, e Iria Figueroa confirmados como propostas de Anova para Galicia en Común
Antón Sánchez apártase tras oito anos na Cámara e centrarase no traballo orgánico na portavocía da formación
Acordo sobre a bucina de Podemos, Anova e Esquerda Unida, que irán ao 5-A en coalición
Galicia en Común-Anova é o nome da coalición que, tras horas e horas de negociacións que de novo estendéronse ata o último momento, pecharon Podemos, Esquerda Unida e Anova, xunto coas mareas municipalistas --singularmente as da Coruña e Santiago--. O candidato á Xunta será o de Podemos, Antón Gómez-Reino, ao que só lle falta o formalismo de ser ratificado polas primarias internas da súa formación.
O pacto entre Podemos, ANOVA e UE non está pechado, pero si bastante avanzado

Al contrario de lo que se filtró al mediodía suscitando malestar en Podemos, no hay aún acuerdo cerrado para una coalición de la izquierda rupturista para las autonómicas.

Pontón: “Para que cambie realmente a Xunta, ese cambio teno que liderar o BNG”


“Se o pesadelo de Arrimadas é que o BNG goberne, fagámolo realidade”, di animosa a candidata do Bloque nesta entrevista en Galiciapress, a primera das conversas con candidatos que publicará este xornal. E é que Ana Pontón (Sarria, 1977) vese con forzas para superar a Gonzalo Caballero, a quen acusa de fuxir do debate co Bloque. De chegar á presidenica, promete que o primeiro que fará será derrogar a lei que limitou o ensino en galego. A situación de Ferroatlántica, Alcoa e Alu Ibérica; a crise no agro, a marcha de Villares e a investigación de PEMEX son outros puntos da entrevista, ademais da súa recente maternidade.

​Podemos Galicia consulta ás súas bases mentres a negociación con ANOVA e as mareas avanza, sen estar pechada

O prazo para presentar unha coalición pecha este venres 21 de febreiro, e desde todas as frontes están a apurar ao máximo os prazos nunha negociación espiñenta. Mentres, en redes sociais moitos afiliados e simpatizantes de Podemos Galicia xa mostraron o seu malestar pola apertura do portal de paricipación. 

Haberá que prorratear as culpas se de En Marea xorden tres listas, alega Noriega
O dirixente de Anova di ter a sensación de que Unidas Podemos "prefire un peor resultado" a "arriscar" e sumar con eles
Anova e as mareas municipais marcan distancias con Podemos e traballan na súa propia candidatura

Anova traballa na configuración dunha candidatura para as autonómicas da man das mareas municipalistas e, polo momento, descarta sumarse a Galicia en Común, a marca de Unidas Podemos na Comunidade galega, porque é un proxecto que "se aparta do camiño da unidade popular" iniciado no ano 2012.

Gómez Reino, candidato nas primarias de Podemos e favorito para liderar a confluencia rupturista á Xunta


O líder de Podemos Galicia competirá nas primarias da súa formación para designar candidato á Presidencia da Xunta. Antón Gómez Reino convocou esta mañá aos medios na Coruña para confirmar o que ata o de agora era unha información oficiosa. O deputado convértese así, polo menos en teoría, en favorito para liderar unha confluencia da esquerda rupturista nas eleccións galegas.

Anova quere unidade na esquerda para presentarse ás autonómicas pero "sen imposicións" de Podemos e EU
A dirección do partido avisa que non existe espazo para unha "cuarta" opción política en Galicia se volve o escenario previo a 2012
Varias concentracións en Galicia contra a sentenza reúnen centos de persoas
Centenares de persoas secundaron este luns as protestas convocadas pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en varias localidades galegas tras a sentenza do proceso independentista catalán.
Beiras chama "merdentos" a Mariano Rajoy e Felipe González
O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras insultou a través do seu perfil da rede social 'Twitter' aos expresidentes do goberno Mariano Rajoy e Felipe González, aos que cualificou de "mierdentos".
O dilema existencial de ANOVA

O partido que cofundó Beiras ao marcharse do BNG enfróntase a unha disxuntiva na que se pode xogar a súa propia existencia. Tras romper En Marea, para as eleccións galegas de 2010 ANOVA debe decidir se seguir apostando por presentarse con Podemos -algo que eludiu nas xerais-, sumarse ao villarismo ou lanzarse a competir en solitario. Do que ninguén fala por agora, polo menos en público, é de volver ao Bloque.

Martiño Noriega, posible novo líder da esquerda rupturista galega


ANOVA, Podemos e Esquerda Unida xa traballan nunha nova ferramenta para presentarse ás eleccións, candidatura que probablemente non levará a marca Galicia En Común, usada nas xerais. O portavoz de ANOVA abre a porta a que o seu compañeiro de partido, o ex-alcalde de Santiago, sexa o referente da confluencia.

O grupo de Villares e ex-deputados de En Marea traballa nunha nova formación política

A ausencia de Luís Villares e outros tres deputados no Pleno do Parlamento explícase -ademais de por a coñecida ruptura do grupo de En Marea- polos plans para crear unha nova ferramenta política.

A Xunta xa debería declarar a caducidade da solicitude da mina de Touro, denuncia un deputado ante o Defensor del Pueblo
Denuncia que o proceso de declaración de impacto ambiental do proxecto de reapertura da mina superou o prazo establecido pola lei
Sánchez (Anova) pide diálogo a Villares para salvar a probable ruptura do grupo parlamentario En Marea
O Consello dás Mareas reunirase o xoves, véspera do fin do prazo que deu aos deputados críticos para que abandonasen o grupo

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE