Segunda sondaxe consecutiva que nega ao PPdeG da maioría absoluta (le todas as enquisas electorais do #5A en Galicia)



Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións autonómicas galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste mércores.


|

Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións autonómicas galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste mércores.


Por segunda vez esta semana publícase unha sondaxe encargada por un medio estatal que afasta ao PP da maioría absoluta. O luns foi o conservador El Español e hoxe é o progresista El Diario. 




SEGUNDA ENQUISA QUE ABRE A PORTA A QUE O PPDEG NON TEÑA 38

Segundo este estudo, o PPdeG perdería un pouco máis de 4 puntos fronte ás pasadas autonómicas. El Diario outórgalle a Alberto Nuñez Feijóo entre 36-38 deputados. É a estimación máis baixa  ata o de agora, salvo o estudo encargado polo PSdeG, que lle daba unha pinza de 35-38.


38 deputados é a cifra máxica, os que necesita o PPdeG para continuar gobernando só.  Segue parecendo ao seu alcance, pois mesmo El Diario dálles opcións de chegar aos 38. 


En todo caso, ningunha enquisa concédelles os 41 que ten agora. O CIS é por agora a única enquisa que o sitúa detrás do PSOE, claro que o instituto público preguntou pola política estatal, non galega.


O PSdeG parece máis preto de non quedar coas mel nos beizos. Todas as enquisas sitúanos como líderes do bloque de esquerdas e xa van tres -dúas consecutivas- que abren a porta a que este bloque sume máis de 38 deputados. Os 20-22 deputados que lles outorga a sondaxe de hoxe é unha das mellores previsións até agora.


O BNG víase ao principio da precampaña como  destacado candidato á terceira posición.  Segue sendo o favorito, pero con menos marxe. Parece que a confluencia de Podemos está a comerlles terreo aos nacionalistas. A de Celeste - TEL para El Diario é a peor estimación para o BNG ata a data, empatada coa enquisa anterior, a de O Español.


Pola contra, a confluencia rupturista parece engachada ao rebufo do Bloque. Galicia en Común quedaría con 8 deputados, a só un do BNG. Dunha orquilla de 2-6 que lles daban en febreiro as enquisas; a suma de Podemos Galicia, ANOVA, EU e algunhas mareas saltou has tlos 8 deputados que lles conceden as tres últimas enquisas. Ademais, en teoría deberían ter marxe para crecer, pois están moi lonxe aínda dos 14 que tivo En Marea fai catro anos.


No que coinciden absolutamente todas as enquisas é en darlle cero deputados a Cidadáns Galicia, que finalmente terá que pelexar en solitario ao rexeitar Feijóo a súa proposta de matrimonio electoral. Celeste Tel dálles só o 1,3%. Divorcio que, por certo, acabó entre duros reproches cruzados.


MOITO TERÍA QUE CAER VOX PARA NON RASCAR ALGO NA CORUÑA


Por último, segue o misterio sobre a gran incógnita, a que pode ser a clave do novo goberno da Xunta. O resultado de Vox en Galicia non lle daría para lograr ningún escano, segundo a última sondaxe. O 2,9% que estima Celeste -Tel está moi lonxe da barreira instaurada na Era Fraga. .


A lexislación electoral galega obriga a sacar o 5% nunha provincia, ao contrario do 3% que é necesario noutras autonomías, para poder participar na repartición de deputados nesa circunscrición. 


Vox sacou case o 8 por cento nas xerais deste outono e, en teoría, non sufriron ningunha desfeita que permita prever que o seu voto derrúbese a ese menos do 3% que prognostica a última enquisa. A única explicación posible é que os seus votantes estean a comprar o discurso do PPdeG, que se esforza en mostrar a Vox como un voto útil para a esquerda.


Teniendo en cuenta que nas xerais estivo ata ben avanzada a noite electoral pelexándolle ao Bloque uno dos nove escanos por Coruña  (9,5% dos nacionalistas galegos fronte a un 8,2% dos españolistas ao final);  sería raro que agora Vox non tivese opcións de volver pelexar , por o menos , para entrar pola Coruña; dado que en hai moitos máis escanos a repartir nos comicios autonómicos. 


Así, A Coruña repartirá 25 actas de parlamentarios autonómicos fronte ás 9 que repartiu de deputados estatais. Se Vox estivo preto de un escano por  A Coruña nas xerais habendo 9 escanos a repartir, habendo agora nas autonómicas 25 escanos a repartir, moito tería que caer  para que non teña opcións.  Con todo, ata o de agora todas as encuestan prevén esa gran caída, caída que modera O Español, que lles dá un 4,9%, o que igual permitiríalles rabuñar unha acta.



WZudc todas as enquisas eleccións galegas 5a (1)

*A enquisa de SIGMA 2 para o PSOE, a da Razón, a do Diario e a do Español dan unha pinza de escanos, non un número determinado; para este gráfico escolleuse a media desa pinza, cando era posible.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE