Besteiro critica o "triunfalismo" de Rueda e cre que Altri é un exemplo dunha "Galicia sen rumbo"
“Os datos oficiais non avalan o balance realizado por Rueda”, afirma o secretario xeral socialista
O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reprochou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que os seus balances de xestión non se sosteñan na realidade dos galegos, especialmente en vivenda, sanidade e dependencia. Nun audio difundido este domingo, coincidindo co acto do PPdeG polo segundo aniversario da vitoria electoral de Rueda, Besteiro cuestiona si o presidente “pode mirarlle á cara e falar de triunfo” ás 30.000 persoas en lista por vivenda pública, as máis de 350.000 que esperan cita médica ou as 16.000 pendentes de dependencia.
“Os datos oficiais non avalan o balance realizado por Rueda”, afirma o secretario xeral socialista, que ve no recente arquivo do proxecto Altri o “último exemplo” dunha Galicia “sen rumbo nin proxecto”. Acusa o equipo de goberno da Xunta de “improvisación, falta de planificación e unha política industrial baseada máis no anuncio que na execución”, rexeitando calquera idea de reindustrialización mentres se acumulan iniciativas erradas sen folla de ruta clara.
Urxe a Rueda “a pór a traballar”
Besteiro instou directamente a Rueda e o seu equipo a abandonar os actos conmemorativos e “#pór a traballar xa” ante as listas de espera que non pairan de crecer. Os socialistas critican que, a pesar da maioría absoluta do PP, “nunca un mandatario deixou a tanta xente sen vivenda, sen médico e sen o diñeiro que lle corresponde”.
O PPdeG defende a súa xestión con énfase en estabilidade e novos investimentos, pero non respondeu aínda de forma concreta ás cifras esgrimidas por Besteiro. O líder socialista insiste en que o Goberno galego navega “a golpe de titulares”, mentres miles de familias padecen as carencias en servizos esenciais.
Escribe o teu comentario