Nova sondaxe deixa un goberno de Feijóo en mans de Vox (le todas as enquisas electorais do #5A en Galicia)

Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste luns.


|

Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste luns.


Ata hoxe todas as enquisas negábanlle o pan e o sal a Vox. Sociométrica cambia a tendencia na súa sondaxe para El Español. O estudo outorga aos de Santiago Abascal o 4,9% dos votos  e os encuestadores conclúen que será suficiente para rabuñar un escano.





MOITO TERÍA QUE CAER VOX PARA NON RASCAR ALGO NA CORUÑA

Iso a pesar de que a lexislación electoral galega oblica a sacar o 5% nunha provincia para poder participar na repartición de deputados nesa circunscrición. 


Que ningunha enquisa déselle opcións ata o de agora a Vox era algo moi sorprendente. 


Vox sacou case o 8 por cento nas xerais deste outono e, en teoría, non sufriron ningunha desfeita que permita prever que o seu voto vai retroceder moito.


Teniendo en conta que nesas xerais estivo a loitar co Bloque por un dos nove escanos por Coruña ata ben avanzada a noite electoral (9,5% dos nacionalistas galegos fronte a un 8,2% dos españolistas ao final);  sería raro que agora Vox non tivese opcións de pelexar , polo menos , para entrar pola Coruña; dado que en hai moitos máis escanos a repartir nos comicios autónomicos en cada provincia. 


Así, A Coruña repartirá 25 actas de parlamentarios autonómicos fronte ás 9 que repartiu de deputados estatais. Se Vox estivo preto de un escano por  A Coruña nas xerais habendo 9 a repartir, habendo agora nas autonómicas 25 a repartir, moito tería que caer para que non teña opcións. 


SEGUNDA ENQUISA QUE ABRE A PORTA A QUE O PPDEG NON TEÑA 38

Segundo este estudo, o PPdeG perdería uns 4 puntos de apoio fronte ás pasadas autonómicas. E lEspañol  outórgalle a Alberto Nuñez Feijóo 37-38 deputados


38 é a cifra máxica, os xustos que necesita o PPdeG para seguir gobernando só.  Parece ao seu alcance, pois mesmo o estudo de SigmaDos para o PSOE dálles unha pinza de 35-38. En todo caso, ningunha enquisa concédelles os 41 que ten agora. O CIS é por agora a única enquisa que o sitúa detrás do PSOE, claro que o instituto público preguntou pola política estatal, non galega.


O PSdeG podería quedarse coas mel nos beizos. Gonzalo Caballero parece líder indiscutible das esquerdas (todas as enquisas sitúano en segunda posición ) pero segundo El Español  a subida a 19-20 deputados podería sería insuficiente para sumar cos seus posibles socios, de non ser que Vox lle rabuñase un ao PP.


O BNG confírmase como principal candidato á terceira posición.  Sociométrica concédelles 9 deputados, tres máis do que teñen agora. É a peor estimación para o BNG por agora.  


Pola contra, a confluencia ruptirista logra un das súas mellores sondaxes. Galicia en Común se quedaría con 8 deputados, a só un do BNG; aínda que perdería case a metade dos votos que hai catro anos levantaron a En Marea á segunda posición.


No que coinciden absolutamente todas as enquisas é en darlle cero deputados a Cidadáns Galicia, que finalmente terá que pelexar en solitario ao rexeitar Feijóo a súa proposta de matrimonio electoral.



X4yBE enquisas electorais eleccións galegas



*A enquisa de SIGMA 2 para o PSOE, a da Razón e a do Español dan unha pinza de escanos, non un número determinado, para este gráfico escolleuse a media posible.







1 Comentarios

1

Comenzou a campaña electoral ?

escrito por Gamela 02/Mar/20    22:46 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE