Haberá que prorratear as culpas se de En Marea xorden tres listas, alega Noriega

O dirixente de Anova di ter a sensación de que Unidas Podemos "prefire un peor resultado" a "arriscar" e sumar con eles

|

ANOVA con algunhas mareas municipalistas, Podemos con Esquerda Unida e os que queda de En Marea baixo o liderado de Villares. Estás son as tres candidaturas da esquerda rupturista que se perfilan a día de hoxe, recoñece o ex-alcalde de Santiago. Un Martiño Noriega que insiste en que non quere ser candidato.


O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, asegurou non ter "ningún problema" con "non estar nin nas listas" das eleccións autonómicas do 5 de abril se iso facilitase unha candidatura conxunta de esquerda rupturista na que se reunisen tamén Podemos, Esquerda Unida (EU) e as mareas municipalistas.


O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, nunha entrevista en Cadea Ser.Martiño Noriega


CULPA A PODEMOS
Nunha entrevista concedida á Cadea Ser, recollida por Europa Press, o exalcalde de Santiago dixo ter a sensación de que Unidas Podemos "prefire obter un peor resultado" nas urnas coa súa "posición estratexicamente lexítima" en lugar de "arriscar, ser audaces e ter valentía".

Despois de que o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, insistise en que a plataforma Galicia en Común --na que se integran o partido morado e EU-- é o espazo desde o cal sumar, Noriega sinalou que isto "non atende á demanda cidadá", xa que se trata de "unha marca partidaria que ten a centralidade, pero que non o é todo".

"A unidade popular non só é o federalismo de Unidas Podemos, é tamén o soberanismo, tamén o municipalismo, todo o que deu razón de ser aos resultados que obtivemos", explicou, rememorando os éxitos das mareas locais do 2015 e a segunda praza alcanzada pola xa rota plataforma En Marea, que todo apunta a que se presentará en solitario.

Noriega aínda non descarta que esta semana haxa un acordo entre Anova, Podemos e EU, polo que manifestou que non perde "a esperanza" de "un cambio de posición" do partido morado. Así, cre que os de Pablo Iglesias "consideran que teñen a centralidade" do espectro rupturista e por iso impulsan "unha ocupación lexítima deses espazos compartidos".

"UNIR MULTIPLICA"
Neste contexto, advertiu que o cambio político na Xunta "non chegará unicamente coa melancolía do bipartito" entre PSdeG-PSOE e BNG nin de "un espazo da unidade popular representado só por Podemos". "Unir multiplica", asegurou en varias ocasións, durante a entrevista na Cadea Ser.

Pase o que pase, Noriega garantiu que Anova, que contempla a posibilidade de concorrer coas mareas municipalistas, estará presente nas eleccións autonómicas porque "así o decidiu" no recente proceso de refundación que viviu a formación.

Con todo, ante a posibilidade de que se tripliquen as candidaturas que no seu día formaron En Marea, descartou que a culpa sexa só de Podemos, senón que haberá que "prorratear" as responsabilidades entre o conxunto do espazo da esquerda rupturista.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE