Sánchez (Anova) pide diálogo a Villares para salvar a probable ruptura do grupo parlamentario En Marea

O Consello dás Mareas reunirase o xoves, véspera do fin do prazo que deu aos deputados críticos para que abandonasen o grupo

|

Os villaristas calfician de "tránsfugas" aos deputados críticos. O venres probablemente consumarase a ruptura da que foi segunda forza política máis votada en Galicia.


O deputado de En Marea Antón Sánchez descarta abandonar a súa acta ou pasarse ao grupo mixto como esixiu o pasado martes a dirección do partido instrumental aos parlamentarios críticos que apoiaron a elección do exedil coruñés José Manuel Sande como senador por designación autonómica ignorando o criterio marcado pola cúpula de En Marea.


O deputado de En Marea Antón Sánchez




Así, nunha entrevista este mércores na TVG, o tamén portavoz de Anova cre que o movemento da dirección do partido instrumental "é unha decisión pouco responsable, moi destrutiva" e carente de "sentido común". "Neste espazo non pode funcionar só o ordeno e mando, senón que ten que funcionar o diálogo, os acordos e a vontade de ter xenerosidade", apostilou.


A postura expresada por Sánchez de manter a súa acta como deputado do grupo de En Marea a partir deste venres --cando finaliza o 'ultimato' dado pola dirección de En Marea-- será a mesma que a do resto dos seus compañeiros sinalados por desatender á cúpula do partido instrumental.


E é que o resto de parlamentarios apercibidos renegan da súa militancia en En Marea como organización e decántanse por Galicia en Común, o novo proxecto fundado por EU e Podemos Galicia tras o divorcio no espazo político da chamada unidade popular.


Así as cousas, Antón Sánchez avanzou que non atenderá a reclamación da cúpula de En Marea, motivada pola votación sobre o senador por designación autonómica que promoveron os deputados críticos ás costas de Villares.


QUE PASARÁ CON ANOVA?

Deste xeito, o nacionalista defende que a elección deste cargo "corresponde ao grupo parlamentario" tomala. "Eu apostei sempre por dialogar e buscar un consenso, non se conseguió ese consenso desexado e o que se produce é unha decisión democrática amplamente apoiada no grupo", incidiu.


Con todo, e a pesar de que para Sánchez debería tratarse de "unha cuestión de trámite", a elección do senador acelerou a crise interna do grupo e a fractura coa marcha dalgún dos dous bandos ao mixto está no horizonte, algo sobre o que o portavoz de Anova non quixo "especular".


"Eu, pase o que pase, defenderei todos aqueles principios polos que viñemos ao Parlamento galego e nos que sigo crendo", engadiu Antón Sánchez cuestionado polo entrevistador sobre que ocorrerá a partir do venres, día no que finaliza o prazo para rexistrar propostas para senador e, á súa vez, conclúe o ultimato dado pola dirección de En Marea.


DIRECCIÓN DE EN MAREA

O Consello dás Mareas, máximo órgano de dirección do partido instrumental, preve reunirse na tarde do xoves para abordar a situación aberta en véspera dunha xornada que se antolla clave no futuro do grupo. O venres teñen previsto rolda de prensa pola tarde.


A viceportavoz orgánica de En Marea, Ana Seijas, tamén ofreceu este mércores declaracións á TVG nas que volveu a culpar da crise á dirección de Podemos e tachou de "tránsfugas" aos deputados críticos que apoiaron a elección de Sande para o cargo de senador.


"Estamos ante un caso claro de transfuguismo político", subliñou Seijas, que insiste en que os deputados que non recoñecen á dirección de En Marea "presentáronse ás eleccións dentro dunha organización e cuns compromisos políticos que deben cumprir".


"Son os tránsfugas os que deben abandonar En Marea porque foron elixidos por esta organización e non poden facer valer os acordos doutras organizacións", remarcou, antes de afirmar que, no caso de que se produza a ruptura do grupo parlamentario, a "responsabilidade" da fractura non será de En Marea. "A responsabilidade está nas deputadas de Podemos", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE