​Unha sentenza do TSXG pode botar por terra multitude de proxectos eólicos en Galicia

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a tramitación do parque de Sadónigas, en Mondoñedo, supón un auténtico terremoto para a carreira eólica na que parece sumida a Xunta de Galicia. 


|

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a tramitación do parque de Sadónigas, en Mondoñedo, supón un auténtico terremoto para a carreira eólica na que parece sumida a Xunta de Galicia.


Anova celebra o fallo do Tribunal e reclama ao Goberno de Galicia “a inmediata paralización da carreira de implantación masiva de aeroxeradores en tanto non se conte cun novo marco normativo que garanta un desenvolvemento democrático, racional, sostible e con retorno social”.


Estado das obras do Parque Eólico de Ou Iribio nunha imaxe do facebook de Salvemos Ou Iribio

Obras no parque de Oribio


O ditame chega despois de atopar defectos na tramitación do parque de Mondoñedo, anulándoa así e sentando un precedente, segundo o parecer da organización nacionalista, “para o actual desenvolvemento eólico en Galicia”.


“Vén confirmar pola vía xudicial as denuncias que os colectivos en defensa do territorio veñen denunciando hai tempo: a fragmentación artificial dos proxectos eólicos, que aínda que é unha práctica xeneralizada e permitida pola Xunta impide, como di o auto, levar a cabo unha correcta avaliación ambiental que teña en conta os efectos sinérgicos e acumulativos do conxunto”, inciden desde Anova, que lembran episodios como o vivido o pasado ano en Oribioonde a xustiza tivo que deter a construción do parque eólico, que contaba cunha declaración de impacto ambiental aprobada nos anos de Fraga á fronte da Xunta.


Do mesmo xeito, desde Anova indican que esta sentenza vén precedida de ditames do Tribunal Supremo “que anulaban autorizacións por leste mesmo motivo” e que podería ter un efecto inmediato sobre os parques planeados en localizacións como a comarca de Ordes, onde plataformas veciñais loitan a brazo aberto desde hai anos contra a proliferación dos parques eólicos na zona.


“IMPLANTACIÓN MASIVA DE PROXECTOS EÓLICOS”

Anova reitera a esixencia á Xunta de Galicia sobre a paralización da nefasta carreira de implantación masiva de proxectos eólicos mentres non se conte cun novo marco normativo que garanta un desenvolvemento democratizado, con retorno social, a favor das maiorías e que defina un modelo racional, sostible e respectuoso co patrimonio, paisaxe e medio ambiente”, afirma a forza autonómica.



A continuación, acusan a Feijóo desta empeñado en “traballar para un conglomerado de bancos, fondos voitre, eléctricas e construtoras”. "A realidade é que de seguir por este camiño desatará non só a contestación social que xa existe nas comarcas afectadas, senón que está a abrir as portas a unha serie de novas frontes xudiciais que significarán o  malgasto de recursos públicos a propósito", critica Antón Sánchez.


Sobre estes recursos económico, e máis concretamente ao referirse aos fondos europeos, desde Anova reclaman a administración galega que “non utilice os fondos europeos de reconstrución en encher os petos do oligopolio á conta de pasar por encima da xente, da legalidade, dos valores e do territorio, e faga públicos cales son os seus plans futuros de desenvolvemento eólico, algo que neste momento está a esconder dunha maneira vergoñosa e á marxe da poboación”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE