A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a tramitación do parque de Sadónigas, en Mondoñedo, supón un auténtico terremoto para a carreira eólica na que parece sumida a Xunta de Galicia.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) pediu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a paralización das obras do parque eólico Serra do Oribio (Lugo), unha medida cautelar que acompaña a un recurso contencioso-administrativo contra unha decisión na que a propia Xunta "denegou" suspender o proxecto.