Gómez-Reino persegue o acordo con Anova e Esquerda Unida, sen descartar a Villares

O lider de Podemos Galicia lembra que a coalición "tivo resultados históricos" en 2015 e 2016 e apela á "responsabilidade" doutros actores políticos.


|

O lider de Podemos Galicia lembra que a coalición "tivo resultados históricos" en 2015 e 2016 e apela á "responsabilidade" doutros actores políticos.


Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea


O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, destacou que a súa formación traballa para pechar "canto antes" un acordo para as próximas eleccións xerais do 28 de abril con Anova e Esquerda Unida, formacións entre as que ve unha "total sintonía".

Gómez-Reino pronunciouse deste xeito nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, na que sinalou que estas tres organizacións, que concorreron en coalición nos comicios xerais de 2015 e 2016, traballan para volver construír unha "proposta de maiorías".

"Temos que seguir o camiño inicio en 2015, que sempre foi referendado de forma positiva pola cidadanía", argumentou o secretario xeral de Podemos Galicia, que lembrou os resultados obtidos polo espazo do cambio noutras citas electorais como as municipais ou as autonómicas.

Na súa intervención, así mesmo, sinalou que, "cando se chegue a ese acordo entre as forzas", están "abertos" a sumar a outros actores. "Confío en que todo o mundo traballe con responsabilidade e sómese á proposta que en 2015 e 2016 tivo resultados históricos", respondeu ao ser preguntado pola posibilidade de que o 28 de abril as forzas que agora integran En Marea presenten dúas listas.

E é que, este venres transcendeu que un total de nove candidaturas, todas promovidas pola dirección de En Marea que encabeza Luís Villares, concorren ás primarias postas en marcha polo partido instrumental.

Precisamente, sobre se hai contactos co actual portavoz de En Marea, Gómez-Reino asegurou que está a falar con todo o mundo, incluído Villares. Tras iso, volveu a apelar á "responsabilidade" nun momento "histórico" no que a cidadanía "non quere ver un bloque que é de dereita, de extrema dereita, gobernando no Estado español".


LISTAS PARA As CORTES

Por outra banda, cuestionado polo posible encaixe na listas de persoas como a deputada de En Marea no Congreso e membro de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, así como pola posibilidade de que concorra na lista de Unidas Podemos por Madrid, Gómez-Reino referiuse a ela como "un valor político como poucos hai no país".

Neste sentido, asegurou que é un "activo de primeiro nivel" tanto en Galicia como no Estado. "As decisións de Yolanda Díaz compétenlle a Yolanda Díaz e á súa organización, pero ninguén dubida do seu papel imprescindible", apuntou.

Por último, sobre a decisión da deputada Alexandra Fernández de deixar a política institucional, o secretario xeral de Podemos mostrou o seu "máximo respecto" e desexoulle "toda a sorte do mundo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE