Ás A Coruña celebra que se ratifique a "homofobia" no asasinato de Samuel Luiz a pesar da absolución dun condenado

A organización herculina, acusación particular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz, móstrase satisfeita co fallo. Tres dos condenados recorrerán ao Tribunal Supremo. 


|

Archivo - Manifestación de entidades LGTBI en el Día del Orgullo con recuerdo al crimen de Samuel Luiz
Arquivo - Manifestación de entidades LGTBI no Día do Orgullo con recordo ao crime de Samuel Luiz

 

Esta mañá deuse a coñecer o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao redor dos recursos presentados tras a sentenza en primeira instancia do mediático xuízo polo asasinato de Samuel Luiz. As reaccións non se fixeron esperar e as colectivo Ás A Coruña, organización herculina en defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQ+ e acusación particular no xuízo, pronunciouse tras coñecer a resolución do TSXG, onde ven "ratificada a homofobia" que motivou o asasinato do mozo hispano-brasileiro.

 

 

"FOI UN CRIME DE ODIO"

"O asasinato de Samuel Luiz foi un crime de odio cunha clara motivación homófoba", consideran probado desde Ás A Coruña, pois "esta resolución reforza a importancia de dar o paso de participar activamente neste procedemento xudicial, fundamental para a defensa dos dereitos da nosa comunidade".
 

A organización cre que o detonante da agresión foi que a Samuel "léuselle a pluma", sendo desde ese momento percibido como "unha vítima vulnerable" polos seus agresores. "O berro de 'maricón de merda', así como outras expresións proferidas ao longo desa noite, formaron parte do ataque, evidenciando o compoñente LGTBIfóbico do crime", recalcan. 
 


"A Xustiza ratificou de novo que a homofobia non pode quedar impune nin ten cabida na nosa sociedade. O recoñecemento, de novo, da lgtbifobia é un acto de xustiza non só con Samuel senón con todas as persoas que enfrontan violencia por ser quen son", engade Ana Fernández, presidenta da entidade, que non fai mención ao feito de que o fallo absuelba a Alejandro Míguez, condenado nun primeiro momento a cumprir 10 anos de cárcere. 
 

SENTENZAS

A sentenza do TSXG serviu ademais para ratificar as penas de Diego M.M; Alejandro F.G. e Kaio A.S.C, condenados a entre 20 e 24 anos de prisión. O tres recorrerán ante o Tribunal Supremo, tal e como confirmaron os avogados dos demandados. 


"A sentenza é calquera cousa menos xusta", criticou o letrado de  Kaio A.S.C., que espera do Supremo un resultado diferente despois de que no primeiro xuízo quedase asbsuelta a única muller procesada polo crime de Samuel na madrugada do 3 de xullo de 2021 no paseo marítimo coruñés e de que o TSXG absolva a un condenado, considerando que non existen probas que poidan determinar que participou na agresión. 

 

O auto do TSXG si confirma a codena a Diego M.M. de 24 anos de cárcere, despois de iniciar a agresión e co agravante de discriminación por motivos de orientación sexual. Kaio A.S.C., cumprirá unha pena de 20 anos e 6 meses de prisión, por, ademais, cometer un delito de roubo con violencia ao furtar o teléfono da vítima durante a agresión, e Alejandro F.G. cumprirá 20 anos de cadea. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE