Soflamas de odio que atacan comportamentos e gustos que non casan coa cultura nacional católica: por caso, non podemos comprobar que con motivo da aprobación por parte do goberno español da Lei trans, que busca frear o acoso e a discriminación que sofre o colectivo LGTB, as agresións e os ataques homófobos están a crecer ("en España pasamos de dar malleiras aos homosexuais a que agora estes colectivos impoñan a súa lei").
Difícil é definir cales son esas medidas, debido a que en países como Alemaña ou Suecia teñen un problema similar ao noso, ou, se cabe, maior, en canto a “feminicidios”, pero mentres que non cambiemos a nosa formulación, mentres non fomentemos a igualdade, e o libre pensamento en liberdade e a igualdade de oportunidades, pouco temos que facer.
Cantas persoas non terán como últimas palabras un maricón, ou puta, ou raposa, ou porca... Cantas máis fan falta para que non fagan falta máis.