En Lugo haberá polo menos dúas candidaturas competindo no espazo das mareas

Podemos Lugo recoñece que será "complicado" alcanzar un acordo con Lugonovo para unha lista de unidade nas municipais


|

Podemos Lugo recoñece que será "complicado" alcanzar un acordo con Lugonovo para unha lista de unidade nas municipais




JOSITO PEREZ ALONSO LUGONOVO

'Josito' Pérez Afonso nunha imaxe da súa Facebook


O secretario do Círculo de Podemos en Lugo, 'Josito' Pérez Afonso, asegurou que será "complicado" alcanzar un acordo para configurar unha lista de unidade para as municipais con Lugonovo, marea lucense afín á dirección de En Marea.


Así mesmo, en declaracións aos medios este venres, o tamén membro da dirección de Podemos Galicia remarcou que o partido morado descarta concorrer ás eleccións xerais baixo o partido instrumental e que a aposta é reeditar a coalición con EU e Anova que xa existiu en 2015 e 2016.


"Imos tentar repetir iso que tan ben funcionou, que foi a orixe das forzas unidas en Galicia. Esa fórmula que uniu a Anova, Esquerda Unida e Podemos, e nós temos a man tendida para que ese espazo sexa máis amplo", subliñou.


INTEGRACIÓN DE ANOVA

Neste sentido, 'Josito' Pérez, elixido nas primarias do partido morado como número uno por Lugo, recoñece que non tería "inconveniente" en ceder ese posto na candidatura de coalición, que podería volver recaer en Miguel Anxo Fernán Vello (Anova), deputado na lexislatura recentemente concluída.


"Polo ben do proxecto non vai haber problema", dixo, para, a continuación, incidir en que a intención é que a coalición para as xerais entre Anova, Podemos e EU "xunte o mellor de cada casa".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE