"O máis probable" é que Podemos abandone En Marea

O Comité Electoral dará os resultados finais das primarias de Podemos esta tarde. Pase o que pase, o incendio na confluencia seguirá ardendo.


|

O Comité Electoral dará os resultados finais das primarias de Podemos esta tarde. Pase o que pase, o incendio na confluencia seguirá ardendo.


David Bruzos xa adiantou que "o máis probable é que non podamos seguir nesta situación". O candidato dos críticos -derrotado polo actual líder Villares nos resultados provisionais- argumentou en RNE que "seguramente vai ser insustentable seguir participando nun proceso no que o dereito máis básico non se respecta", en referencia ás irregularidades denunciadas. 



Bruzos rolda de prensa

Unha pasada rolda de prensa de Entre Todas, a candidatura dos críticos na que colaboraron Podemos, ANOVA, EU e varias mareas locais


O militante de Podemos admitiu que aínda non hai decisión final tomada, a espera de coñecer unha auditoría externa encargada por eles, cuxos resultados poderían estar listos o sábado ou o luns.


A auditoría interna, filtrada hoxe e encargada polos órganos de En Marea que gobernan os oficialistas , xa recoñeceu a existencia de 200 incidencias. Na súa maioría, segundo fontes do Comité, foron intentos de militantes de Podemos cando non estaban dados de alta oficialmente como membros de En Marea.


O desembarco de militantes de Podemos no censo En Marea nas últimas datas é un dos factores que explica o enfrontamento. Lembrar que foi o acceso a ese censo o que desencadeou a suspensión inicial das votacións.


VILLARES CARGA CONTRA A CÚPULA DE PODEMOS

A vitoria de Villares é máis ampla que esas 200 incidencias que di o Comité detectou a auditoría interna. Enarborando esa diferenza, o actual portavoz endureceu hoxe o ton contra o seu socio.


"A cúpula de Podemos tratou aos seus inscritos coma se fosen anacos de madeira e, equivocouse, porque xa son maiores", aseverou. Villares interpreta que a súa vitoria non sería posible sen recibir votos tamén de membros do partido morado, que acaba de saír das súas propias primarias.


Preguntado se na nova En Marea haberá colaboración con os dirixentes de Podemos, respondeu que " non sei se coa cúpula de Podemos, pero si coa xente de Podemos". 


Villares chamou a acatar os resultados, pero todo parece indicar que a polémica continuará. Hoxe mesmo o simpatizante dos críticos na Comisión de Garantías denunciou as primarias nos xulgados de Ourense.

1 Comentarios

1

Que triste que unha organización (PODEMOS) que naceu para enterrar as malas prácticas da vella política ao final se comporte como unha organización trileira que copia e multiplica as prácticas que criticaba. Moi triste por que isto vai supor, como así sucede, que cada vez sexan menos relevantes.

escrito por Manoel Francisco 26/Dec/18    17:51 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE