Como será o tempo en Galicia en Semana Santa? Melloría a partir da tarde do próximo domingo
Quedan a penas tres días laborables para que algúns afortunados -por exemplo profesores e alumnos- empecen as vacacións de Semana Santa 2023. Son, por tanto, moitos os que están pendentes das previsións meteorolóxicas.
Aínda que os meteorólogos sempre advirten que a máis de tres días as estimacións perden moita fiabilidade, os primeiros modelos a sete días xa están dispoñibles nas axencias oficiais. Desgraciadamente, as noticias para o próximo fin de semana non son boas.
Para o sábado dia 1, AEMET estima que en Galicia haberá predominio dos ceos nubrados con choivas débiles dispersas abrir grandes claros ao final da tarde cando cesan as precipitacións. Non se descartan brumas e bancos de néboa matinais en zonas altas. Temperaturas en descenso que será lixeiro ou sen cambios das máximas. As temperaturas máximas serán moderadas, con 19 en Ourense e 18 en Pontevedra, pero as mínimas serán frescas, alcanzar os 5 graos na provincia de Lugo.

Metoegalicia, pola súa banda, confirma que o tempo do sábado será inestable. A axencia galega apunta por "alta probabilidade de precipitación debido á entrada dás frontes atlánticas".
O domingo 2, AEMET prevé o inicio dunha melloría, que se empezará a notar por sueste e que se estenderá aos poucos ao resto do país. Aínda que a axencia fala de "nubrado no terzo norte peninsular, con precipitacións en Galicia", o seu mapa mostra que as choivas deberían desaparecer por completo aparir do mediodía salvo, quizais, nas montañas orientais de Lugo. O domingo será iso si un día algo máis frío, sobre todo no norte, pois Lugo alcanzará unha máxima de 13 graos.

Luns 3 de abril debería ser, en principio, unha xornada con temperaduras máis agradables. AEMET estima que eses días as temperaturas máximas nas provincias de Ourense e en Pontevedra superarán os 20 graos e en norte os 16. O sol lucirá sen nubes en todo o país cono "tendencia a que as temperaturas suban polo oeste peninsular". O mapa da AEMET só sinala nubes, sen choiva, ao final de día na Mariña de Lugo. Temperaturas moi agradables na costa, por exemplo Vigo oscilará entre os 8 e os 20 graos e a cidade da Coruña entre os 9 e os 17.

A partir do martes, a incerteza é tal que as axencias oficiais -AEMET e Meteogalica- aínda non se aventuran a facer estimacións.
Afortunadamente, existe un organismo europeo que si ofrece predicones a medio prazo. De feito, está especializado nelas. Chámase ECMWF ( European Centre for Medium-Range Weather Forecasts ) e elaboran perdiciones a medio prazo tirando sobre todo dos datos que lle achega o sistema de satélites Copercnicus.
O mapa animado de precipitacións do ECMWF, mostran que en Galicia non debería chover significativamente a partir da tarde do sábado e até o fin de semana seguinte. Salvo algunha precipación illada no norte de Lugono debería haber choiva no país até, como pronto, o sábado 8 de abril.

En canto as prievisiones de temperaturas o ECMWF a partir do martes 4 de abril, apuntan a mínimas suaves, ao redor dos 8 graos polas noites e máximas agradables, roldando os 20 graos polas tardes, sobre todo nas zonas do litoral de As Rías Baixas. No norte da Coruña e Lugo serían máis frescas.
En definitiva, a información que achegan as fontes oficiais é a dunha melloría do tempo para Semana Santa a partir da tarde do domingo.
A partir de aí debería haber estabilidade anticiclónica, sen moita calor pero sen risco de choiva e ciellos maiormente despexados. Haberá diferenzas iso si por áreas. No norte das provincias da Coruña e Lugo parece que non verán moito o sol, mais alá de alunos claros martes e míercoles. O venres xa retornarán as choivas a esa zona. O domingo de Pascua debería volver a choiva a case todo o país.

Escribe o teu comentario