Meteogalicia
Alerta laranxa en gran parte de Galicia este martes por vento
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este martes, día 26 de novembro, o aviso laranxa por temporal costeiro que afectará á costa da Coruña e Lugo, e por vento en terra nestas dúas provincias e tamén na de Pontevedra.
Alerta por choivas en Ourense e Pontevedra este sábado
Seis provincias da metade noroeste da Península, entre elas Ourense e Pontevedra, terán aviso amarelo este sábado por risco de precipitacións que poden acumular máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que espera unha xornada de choivas e descenso térmico.
Alerta amarela por choivas en tres provincias galegas este domingo
Meteogalicia activou para este domingo o aviso amarelo pola fronte fría que entrará polo oeste en Galicia e que deixará choivas intensas ao longo da xornada. En concreto, a alerta estenderase a partir de madrugada desde o litoral oeste da provincia da Coruña ata case todo o territorio de Ourense e Pontevedra.
Alerta meteorolóxica en boa parte de Galicia desde o xoves por choiva e vento
O tempo asollado que experimentou Galicia durante a primeira fin de semana de xuño, no que predominaron os ceos despexados ou pouco nubrados e temperaturas estivais, dará paso estes días a unha borrasca que deixará moita inestabilidade e algunhas zonas da comunidade en situación de alerta, sobre todo na provincia da Coruña.
Unha masa de aire africano alzará as temperaturas ata os 32 graos en Galicia
Unha masa de aire africano provocará unha subida extraordinaria das temperaturas desde este venres ata o vindeiro martes e dará lugar ao primeiro episodio de calor intensa deste ano 2019, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que sinala que se alcanzarán valores máis propios de finais de xuño e principios de xullo, pois se chegarán a rexistrar ata 15ºC máis do normal para estas datas.
Alerta amarela en varias comarcas galegas pola calor
As provincias galegas de Ourense e Pontevedra, ademais de Córdoba, Badaxoz estarán en risco amarelo este sábado, día 1 de setembro, por altas temperaturas que poderán alcanzar os 38 graos. Ademais, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Cádiz permanecerá en aviso amarelo por ondas.
Chega a onda de calor: ata 36 graos este mércores
Os ceos este mércores estarán en xeral na Comunidade galega pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento nas comarcas cantábricas, algo máis compactas ao principio e ao final da xornada.
A piques de chegar a primeira onda de calor deste verán
A partir do próximo mércores terá lugar un episodio de altas temperaturas que durará ata o domingo 5 de agosto, probablemente a primeira onda de calor do verán, que podería facer que os termómetros alcancen os 40 graos en zonas interiores do sur de Galicia, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet)