A neve chegará a Galicia esta fin de semana
Tanto o sábado como o domingo Meteogalicia prevé nevadas no interior, a partir de 700 metros de cota. Hai alerta amarela prevista para varias comarcas.
Tanto o sábado como o domingo Meteogalicia prevé nevadas no interior, a partir de 700 metros de cota. Hai alerta amarela prevista para varias comarcas.
A xornada do sábado quedará marcada polo vento intenso do norte, que achegará aire frío e húmido. Con esta situación, espérase unha xornada de chuvascos, máis probables e intensos canto máis ao norte, onde poderán vir acompañados de tronos e aparello eléctrico.
Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán fortes no litoral e moderados con refachos fortes no interior. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas e a cota de neve situarase nos 1000-1200 metros durante o día e descenderá aos 700-800 metros pola noite.
Por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 16 graos de Vigo e os 12 de Lugo e Santiago, mentres que as mínimas estarán entre os seis graos de Lugo e os 11 de Ferrol.
Escribe o teu comentario