Alerta laranxa por en case todo o litoral e amarela por neve en varias comarcas do interior
Case todas os municipios máis orientais de Galicia estarán o sábado baixo alerta amarela por neve. Na costa, a alerta será laranxa, debido ao temporal por mar.
A Dirección Xeral de Emerxencias activou para esta madrugada unha alerta laranxa costeira por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Ademais, Meteogalicia estima que poderá haber considerables acumulacións de neve nas montañas de Ourense e Lugo, de ata cinco centímetros.
Alertas meteoróloxicas segundo Meteogalicia para o sábado día 6
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso afectará o litoral destas provincias con ondas do oeste e noroeste de entre cinco e seis metros.
Por este motivo, Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.
Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar achegarse aos diques ou rompientes, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas. Tamén se recomenda permanecer lonxe de espigóns, praias, rompientes, paseos marítimos, peiraos ou zonas que poidan ser alcanzadas polas ondas.
Escribe o teu comentario