Alerta laranxa en gran parte de Galicia este martes por vento
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este martes, día 26 de novembro, o aviso laranxa por temporal costeiro que afectará á costa da Coruña e Lugo, e por vento en terra nestas dúas provincias e tamén na de Pontevedra.
A AEMET declara alerta laranxa no interior da Coruña, Pontevedra e Lugo por vento, que tamén provocará aviso laranxa na costa desde o Barbanza ata Ribadeo. As peores condicións espéranse a partir das 14:00 horas da tarde e durarán ata a mañá do mércores.
Por outra banda, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este martes, día 26 de novembro, o aviso laranxa por temporal costeiro que afectará á costa da Coruña e Lugo, e por vento en terra nestas dúas provincias e tamén na de Pontevedra.
Diso informou nun comunicado, no que lembra que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informa que desde as 14,00 horas do martes espéranse ventos do suroeste que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectarán o interior da Coruña, Pontevedra e Lugo, e tamén na Mariña e nas zonas de montaña da provincia lucense.
OLLO COAS RAMAS DAS ÁRBORES
A Xunta lembrou que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e que os restos de árbores e ramas que caian á vía poden condicionar a circulación. Ademais, subliñou a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectivos que caídos desde os tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar por preto de edificios en ruínas, en construción, árbores ou paneis publicitarios.A Aemet tamén avisa dun episodio meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no noroeste, o oeste e suroeste da costa da Coruña e Lugo, que empezará sobre as 15,00 horas.
Por este motivo, e co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección xeral de Emerxencias e Interior, a través do CIAE 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.
Escribe o teu comentario