Volve o temporal: alerta amarela por choivas en parte Galicia este xoves

O aviso amarelo por choivas empezará ao redor das 6 da mañá nas provincias da Coruña e Lugo mentres que na provincia de Pontevedra empezará máis tarde ao redor do nove da mañá.


|

A previsión do tempo para Galicia é ceos nubrados ou cubertos con probables brumas matinais dispersas en zonas altas do interior. Precipitacións débiles e dispersas pola mañá que se xeneralizarán pola tarde e que serán localmente persistentes no litoral atlántico e zonas próximas do interior.

 

 Temperaturas mínimas en aumento, menos acusado no litoral ao norte de Finisterre. Temperaturas máximas con cambios lixeiros predominando os aumentos. Ventos do oeste e suroeste, máis intensos no litoral e pola tarde. 

 

Probabilidade de refachos moi fortes no litoral entre Finisterre e Estaca de Bares e en zonas altas do interior pola tarde.
 

Screenshot 2022 12 28 20 45 47 917 edit com.android.chrome

 

En concreto, as precipitacións poderán acumular até 40 litros por metro cadrado na Coruña e Pontevedra. Estas provincias, ademais de Lugo, tamén terán risco por fenómenos costeiros, xa que se espera mar combinada do noroeste de 4 a 5 metros.

Pola súa banda, as illas de Mallorca e Menorca estarán afectadas pola néboa intensa que limitará a visibilidade a 300 metros. Tamén se reducirá a visibilidade, neste caso por calima en Canarias, polo que todas as súas illas terán aviso amarelo dado que a visibilidade será inferior a 3.000 metros. Ademais, Tenerife, Gran Canaria e A Palma terán tamén risco, neste caso por ventos con refachos superiores a 80 quilómetros por hora.

En xeral, a metade noroeste peninsular terá unha xornada con ceos nubrados ou cubertos e con precipitacións, que serán abundantes no extremo noroeste de Castela e León e en Galicia, e serán persistentes no sur e oeste de Galicia.

Ademais, as precipitacións poderían estender pero de maneira máis débil e dispersa até o norte da meseta Sur, a Ibérica meridional, o Ebro medio e o Pirineo central. En Baleares e o resto da Península, a AEMET prognostica intervalos nubrados, principalmente de tipo alto mentres que en Canarias tamén espera intervalos nubrados, con probabilidade de precipitacións en xeral débiles.

As precipitacións serán en forma de neve a partir de 1.800 a 2.000 metros en Pireneos e non se descartan tampouco néboas matinais no litoral atlántico de Andalucía, o Ebro medio e Mallorca, igual que en áreas montañosas do centro e norte peninsular. En Canarias será probable a calima.

En canto ás temperaturas, a AEMET prevé que ascendan no baixo Ebro e no litoral valenciano e que descendan en Xirona, no atlántico de Andalucía e en áreas de montaña do centro e sur peninsular. As mínimas subirán no interior da metade noroeste peninsular e as xeadas quedarán restrinxidas a Pireneos.

Finalmente, respecto dos ventos, a AEMET avisa por vento forte do suroeste ao litoral noroeste de Galicia e indica que o vento soprará do oeste e do suroeste na maior parte da Península e Baleares e virará ao sur no Cantábrico. En Aragón, Cataluña e interior de Andalucía espéranse ventos bambos variables e en Canarias o vento chegará desde o leste.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE