Un río atmosférico impacta contra Galicia traendo aínda máis choiva
Un río atmosférico que conecta a zona tropical coas latitudes medias impacta este xoves contra Galicia, de modo que as choivas continuarán toda a fin de semana, segundo a información de Meteogalicia.
As choivas serán case continuas nos próximos días ata polo menos o domingo debido á borrasca e a aire que vén do Caribe
Un río atmosférico que conecta a zona tropical coas latitudes medias impacta este xoves contra Galicia, de modo que as choivas continuarán toda a fin de semana, segundo a información de Meteogalicia.
O río atmosférico nunha imaxe de Meteogalicia
Así, á profunda borrasca no Atlántico súmase este río atmosférico. A choiva segue caendo de forma xeneralizada, aínda que irá a menos co avance da tarde.
Este xoves, a comunidade galega rexistra unha xornada tormentosa, na que se activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral e por choivas no interior da provincia de Pontevedra.
Escribe o teu comentario