533 hectáreas menos de eucalipto grazas ao traballo de voluntarios
Mentres a Xunta segue a potenciar a polémica especie aumentado a superficie prevista no seu Plan Forestal, cada vez son máis os colectivos de voluntarios que se dedican á "deseucaliptización". Só as brigadas de Verdegaia, en colaboración con colectivos locais, arracaron 500 hectáreas no que vai de ano.
Mentres a Xunta segue a potenciar a polémica especie aumentado a superficie prevista no súa Plan Forestal, cada vez son máis os colectivos de voluntarios que se dedican á "deseucaliptización". Só as brigadas de Verdegaia, en colaboración con colectivos locais, arracaron 500 hectáreas no que vai de ano.
Brigadas deseucaliptadores no Barbanza
Este sábado 8 de decembro será a última intervención durante 2018 destes ecoloxistas. Terá lugar na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (en Lousame), primeira recoñecida en Galicia con esta figura de protección outorgada pola ONU. Eliminarase eucaliptos nunha zona húmida. Para 2019 volverán á carga, en Amoedo (Pazos de Borbén), eliminándoos dunha senda arqueolóxica impulsada pola comunidade de montes.
No que vai de ano, as brigadas de Verdegaia arrincaron 533 hectáreas de eucaliptos en oito municipios. Participaron unhas 350 persoas voluntarias, que se inscriben a través desta web.
Escribe o teu comentario