En Marea, o alacrán e a ra

Manoel Barbeitos
Economista

Seguramente que a fábula do alacrán e a ra veña como anelo ao dedo para explicar a crise actual na que se cambalea EN MAREA. Lembremos que nesta fábula, que se lle atribúe a Esopo, relátase como un alacrán que non sabe nadar pide axuda a unha ra para cruzar un río coa promesa, diante da desconfianza lóxica da ra, de que non lle fará dano algún. A ran, confiando na intelixencia do alacrán, acepta pois sabe que si lle ataca morrerán ous dous afogados. A rá, co alacrán subido as súas costas lánzase a cruzalo río pero cando están a metade do traxecto o alacrán pica co aguillón a ra envelenándoa. A rá, inxenua ela, pregunta: “como podes facer isto?, agora morreremos os dous”. O alacrán contéstalle: “non podo facer outra cousa, é a miña natureza”.



Plenario en marea votación


Dado que, como cidadán non adscrito a partido algún, participei dende o primeiro momento (en xuntanzas celebradas, por caso, na carballeira de Santa Susana) no movemento que dou lugar a EN MAREA coido poder afirmar que fun testiño de tódolos avatares acaecidos por este movemento. Dado tamén que xa teño certos anos e participei, en momentos moito mais duros para os demócratas, en procesos políticos e sindicais de certa relevancia podo sinalar, sen falsas modestias, que non me collen de sorpresa determinados comportamentos políticos que se repiten unha e outra vez no seo da esquerda. Comportamentos que levan a que, como ben dicía Beltort Brech, “a esquerda sexa quen de arrancar a derrota das fauces da vitoria”.


Non vou a relatar agora o devir de EN MAREA por ser suficientemente coñecido e voume cinguir as miñas impresións e opinións persoais que como tales asumo. Dende o primeiro momento tiven moi claro que si aquel intento agromaba con un certo éxito entre a cidadanía galega progresista, axiña aparecerían os partidos políticos tradicionais, especialmente os minoritarios e/ou coase marxinais, apuntándose ao proxecto co gallo así de conseguir unha audiencia e unha representación que por si sos non eran quen de logralo. Todos, claro está, enarborando a bandeira da unidade, moito mellor si se acompaña de popular e coase perfecto si tamén de galego.


Sorteados uns primeiros escollos por todos coñecidos, finalmente rematou non sen enormes dificultades, nun proxecto político horizontal, de nome moi atractivo (EN MAREA)  na que participamos ademais de un grande número de “adscritos” non partidistas partidos políticos como A NOVA, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS. Unha participación partidaria que tería, dende o primeiro momento, grandes custos. Custos que, como estamos vendo, o tempo poría en evidencia.

Así para moitos quedounos claro algo que sinalaba ao principio. Os partidos políticos, dende o primeiro momento, consideraron a EN MAREA como un paraugas cuxo cobizo íalles permitir acadar unha presenza institucional que por si sos nunca acadarían. EN MAREA non era para eles, para ningures pero moi especialmente para os seus dirixentes mais que para as súas bases, un proxecto estratéxico autónomo senón unha oportunidade de acadar unha representación, que ven acompañada dunha visibilidade nos medios e na sociedade así como duns ingresos nada desprezables, algo que doutro xeito nunca terían. As probas do que sinalo son irrefutables.


Non hai que ver neste razoamento un plantexamento maniqueo senón político. Resultaba evidente que a presenza no seo de EN MAREA de partidos políticos de corte tradicional (PODEMOS actuou sempre como tal, moi especialmente dende a súa alianza con ESQUERDA UNIDA) algúns deles, coase todos, con dirixentes políticos de corte moi ortodoxo e ampla experiencia política ia supor varios problemas para EN MAREA. O primeiro que ningún deles ia a renunciar a súa militancia e interese partidario. O segundo que esa posición ia carrexar no medio prazo un claro conflito interno en EN MAREA especialmente cos inscritos non adscritos a partido algún. Terceiro unha loita polo control partidista de EN MAREA: algo que quedou en evidencia tanto na elección da COORDINADORA como no último PLENARIO.

Problemas que son políticos pero que derivan de opcións partidistas que, en casos como os de EN MAREA, poden ser de dubidosa lexitimidade por entrar en contradición cos principios programáticos e políticos da propia EN MAREA. Problemas que, nembargante, se veñen repetindo no seo da esquerda ao longo da historia: vai falla lembrar cantos proxectos unitarios da esquerda, tanto en Galicia como en España, pasaron polas mesmas vicisitudes que actualmente EN MAREA?. Fai falla lembrar como remataron?...


Hoxe EN MAREA, a pesares dos grandes esforzos de moitos/as dos/as seus/súas dirixentes e adscritos/as, está a pasar polos mesmos problemas. Así podemos comprobar como nos respectivos grupos parlamentarios galego i español moitos/as dos/as deputados/as, que se presentaron baixo as siglas de EN MAREA, actúan mais como funcionarios/as dos seus respectivos partidos políticos (PODEMOS, ESQUERDA UNIDA, A NOVA) que como deputados de EN MAREA o que, no caso do parlamento galego, debilita enormemente o papel de líder da oposición que os electores lle concederan cos seus votos. Asemade os representantes locais mais cualificados (COMPOSTELA ABERTA, MAREA ATLANTICA, FERROL EN COMUN) compórtanse mais como xefes locais de tribo que como representantes locais dun proxecto galego denominado EN MAREA. Opcións políticas que serían moi respetables se non fora por que se acolleron todas/os ao paraugas electoral de EN MAREA quen agora, conseguido o obxectivo da representación, ningunean cando non destorzan. Opcións políticas que serían lexítimas si foran acompañadas dun ríspeto as decisións que, democraticamente, se toman en EN MAREA, da lealdade entre camaradas que se presume, pero non se exerce, e da imprescindible solidariedade entre membros dunha mesma organización que, como tales, deberan loitar polos mesmos obxectivos.


En definitiva, o que está a suceder en EN MAREA é unha clásica loita polo poder que agocha, con todas as súas consecuencias, dúas opcións. Unha opción, que lidera LUIS VILLARES, que aposta por unha EN MAREA xenuína (co seu programa e a súa estratexia.). Outra opción, que lideran os partidos políticos, estrañamente xuntos sendo tan dispares, como son A NOVA, PODEMOS e ESQUERDA UNIDA que queren unha EN MAREA tutelada polos distintos partidos que actúe como un paraugas electoral pero sen personalidade política propia posto que aqueles se reparten entre eles as distintas parcelas de poder (velaí por caso tanto como se elaboraron as distintas candidaturas ao Consello como a súa sen par composición)


O triste é que neste loita polo poder algúns, demasiados/as, esqueceron as formas que eran patrimonio da esquerda. Asemade tamén esqueceron o que lle pasou ao alacrán da fábula.


Por todas estas razóns poida que a mellor saída sexa que EN MAREA camiñe por si soa, sen tutelas.


3 Comentarios

1

A xente do espectro da esquerda sempre é reticente a organizarse por medo a ser utilizados. O mal da democracía demagóxica, baseada nunha representación sen ter en conta aos representados vai ser sempre un mal sistema que busca a párticula de poder. O que é preciso é una sociedade civil estuturada e asociada de base, ao marxe do circo político, para que poda realmente influir na real politic e non ser un trapo para usar.

escrito por Sined 15/Dec/18    11:16 h.
2

Agroman todos os demos que dende a creación do espazo moitos agoirábamos. Unha pena.

escrito por Ramón Yáñez 13/Dec/18    21:43 h.
3

Agroman todos os demos que dende a creación do espazo moitos agoirábamos. Unha pena.

escrito por Ramón Yáñez 13/Dec/18    21:43 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE