Beiras, candidato ao Senado, propón Podemos Galicia

Por outra banda, a proposta lanzada desde Podemos hoxe, segundo fontes deste partido consultadas por Galiciapress, é unha candidatura conxunta ás Cortes con tres grandes referentes: Xosé Manuel Beiras (cofundador de ANOVA) encabezaría a lista para o Senado pola Coruña, mentres que Antón Gómez Reino (líder de Podemos Galicia) e Yolanda Díaz (ex-líder de Esquerda Unida) encabezarían a lista para o Congreso. Miguel Anxo Fernán Vello (ANOVA) soa como número 1 en Lugo.


|

Este venres 15 de marzo acaba o prazo para rexistrar coalicións electores para o #28A. A catro días vistas, a opción máis probable segue sendo que Podemos Galicia, Esquerda Unida, Anova e algunhas mareas locais formalicen unha coalición. Doutra banda, concorrería a En Marea de Luís Villares.


As negociacións entre os tres partidos entre si avanzan; as negociacións destes tres con En Marea non tanto. Todos din estar a favor da "unidade popular" pero a postura dos villaristas  para que En Marea sexa a marca dun partido instrumental parece unha diferenza insalvable a estas alturas. 


Por outra banda, a proposta lanzada desde Podemos hoxe, segundo fontes deste partido consultadas por Galiciapress, é unha candidatura conxunta ás Cortes con tres grandes referentes: Xosé Manuel Beiras (cofundador de ANOVA) encabezaría a lista para o Senado pola Coruña, mentres que Antón Gómez Reino (líder de Podemos Galicia) e Yolanda Díaz (ex-líder de Esquerda Unida) encabezarían a lista para o Congreso. Miguel Anxo Fernán Vello (ANOVA) soa como número 1 en Lugo.


É evidente que o tirón electoral de Beiras supoñería un atractivo polo menos por unha banda do electorado. Agora ben, cabe lembrar que o veterano nacionalista leva xa un tempo retirado case do todo da primeira liña política, polo que resultaría difícil convencelo de lanzarse a unha campaña e, eventualmente, desprazarse ao Senado en Madrid.



Beiras, na súa casa da Reboraina, nunha entrevista con Europa Press

Xosé Manuel Beiras


MARCA PARAUGAS

Cal sería o nome da coalición? As citadas fontes sinalan que "Galicia en Común", denominacion que dá por segura hoxe  A Voz , é só una das opcións que se barallan xunto outras máis, entre as que está "Mareas en Común". 


A intención de Podemos é que a mesma marca que use a coalición nas xerais sirva de paraugas para as mareas municipalistas nas eleccións locais. É dicir, que se, por exemplo, a coalición chámase finalmente "Mareas en Común", a candidatura de Santiago nas municipais sexa algo similar a "Compostela Aberta - Mareas en Común", en Ferrol "Ferrol en Común - Mareas en Común", etc.  


Con esta marca conxunta, os votos das diferentes listas municipalistas poderíanse sumar á hora do reparto escanos nas deputacións. Evitarían así o sucedido nas pasadas eleccións municipais, cando, pese ao éxito electoral na Coruña, Ferrol e Santiago; a súa representación nas deputacións quedou moi mermada ao carecer de marca común e, por tanto, non poder sumar os seus sufraxios no cómputo provincial.


En todo caso, a marca para a coalición que sirva de hipotético apelido común para todas as mareas (ou polo menos para as mareas da órbita da coalición) debería, loxicamente, contar co visto e prace desas candidaturas municipalistas. E quedan só catro días para decidila e lograr o seu visto e prace.


Por agora, xa hai unha delas, Compostela Aberta, que marca distancias. Non xa con ese hipotético apelido común, senón coa propia coalición. A forza que goberna Santiago deixou claro ou hai acordo entre todos (a En Marea de Villares incluída) ou eles abstéñense de participar na camapaña das xerais. 


Mentres, en Coruña ,o alcalde  Xulio Ferreiro segue animando "a todos os actores" a facer "un esforzo" para lograr unha única lista para as eleccións xerais, entre as distintas formacións que apoiaron a constitución de En Marea.


DOMINIOS XA REXISTRADOS HAI TEMPO

Os dous nomes posibles mencionados, "Galicia en Común" e "Mareas en Común" xa teñen as súas URLs rexistradas no dominio .gal, identificador que adoitan usar as candidaturas rupturistas. 


Así, galiciaencomun.gal foi rexistrado hai un ano na galega Dinahosting mentres mareasencomun.gal foi rexistrado hai un ano nun rexistrador francés. Nos dous casos, quen rexistrou estas direccións rascou máis o peto para asegurarse que os seus datos non son directamente accesibles a través do servizo Who Is.



relacionada Risco de ruptura en ANOVA ao irse a organización de Ourense con En Marea
relacionada Anova contradi a Beiras: "Non houbo ofrecemento; era unha opinión"
relacionada Nin ERC nin Bildu queren a Beiras en "Agora Repúblicas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE