Aínda que non detectan "ningunha" fraude nas votacións, remítense ao "reconto" deste luns para corroboralo.
A pesar das dificultades que presenta o proceso de votacion, o lider de Podemos Galicia chama aos inscritos a participar nas primarias.
O alcalde de Santiago é un dos homes fortes do sector crítico e considera que Bruzos é o mellor candidato "para normalizar o espazo político".
Tres semanas despois da data prevista inicialmente, as primarias de En Marea renóvanse nun ambiente enrarecido. As votacións ábrense ás 09,00 horas deste sábado e quedarán clausuradas á mesma hora do luns, día de Noiteboa. Esa mesma xornada está previsto que se coñezan os resultados.
O sector oficialista de Luís Villares acaba de anunciar o levantamento da suspensión das primarias. Agora ben, este anuncio pode chegar tarde, pois tanto Podemos Galicia como ANOVA xa convocaron reunións para estudar se abandonan as primarias e, con elas, a confluencia.
Obstinados no seu rumbo kamikaze, os dous bandos enceréllanse en máis pelexas burocráticas. Este mércores os de Villares impediron aos outros usar a sede e a cousa acabou cunha comunicación á Garda Civil. Cando haberá primarias? Ninguén o sabe, a esta hora parece máis próxima a escisión do grupo parlamentario.
O Consello dás Mareas, o máximo órgano político de En Marea, decidiu este sábado implementar seis "medidas técnicas" que implican, entre outras, prescindir das empresas xestoras do censo electoral e do sistema de votación para as súas primarias, co fin de que a Comisión de Ética e Garantías levante a paralización deste proceso.
Artigo de #opinión de Manuel Barbeitos sobre o actual conflicto dentro de #EnMarea
A estas alturas os votantes da confluencia, a segunda forza política en Galicia, deben estar a se preguntar se os seus dirixentes en realidade non son 'topos' doutros partidos. Lonxe de tentar salvar canto antes a crise interna, os oficialistas de Villares a través da Comisión de Garantías agrávana remitindo o caso á fiscalía, a pesar de admitir que o censo non se modificou. Acusan os críticos de David Bruzos de tentar acceder pola porta de atrás, versión que estes rexeitan tajantemente.
Martiño Noriega (Compostela Aberta, Santiago) e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica, A Coruña) coinciden en que non ten sentido prolongar a suspensión. Os últimos rumores descartan esta fin de semana e apuntan a que empezarían o 24 de decembro.
O grupo municipal insta o concello de Touro a presentar a ampliación para as alegacións ao proxecto mineiro para que se inclúa o informe de ICOMOS no que se expón como afectará o enclave mineiro ao trazado orixinal do Camiño de Santiago.
"Principio de acordo" entre críticos e oficialistas, indica Martiño Noriega.Mentres, Feijóo aproveita a crise da confluencia para restar credibilidade a Villares no Parlamento.
Podemos Galicia dá a súa versión sobre o caos das primarias de En Marea. O partido morado insiste en que a paralización das votacións foi irregular e demanda a súa reactivación de forma "áxil e absolutamente transparente".
As primarias da confluencia seguen suspendidas sen data. O grupo oficialista de Villares enarbora auditorías para saber quen supostamente entrou no censo. Mentres, a candidatura dos críticos reclama que se "axilice o proceso".
Nun comunicado oficial de En Marea ínstase ás dúas candidaturas a “dialogar para solucionar de común acordo o resto de defectos do proceso de votación apuntador pola Comisión de Garantías”, suxerindo que son as dúas listas as que se deben poñer de acordo para propoñer “unha data de votación no horizonte temporal máis próximo”.
O Comité Electoral, pola súa banda, considera errónea a decisión tomada por Garantías, onde dúas dos seus membros votaron a favor de suspender o Consello dás Mareas e o outro integrante, Manuel Nogueira, emitiu un voto contrario a suspender o proceso. Doutra banda, Podemos ha envidado esta mañá aos seus inscritos animándolles a votar ao longo da fin de semana, no que se pode definir como outro movemento do sector crítico, que controla o Comité Electoral, cara á liña marcada por Villares e o seu equipo, que controla o Comisión de Garantías. Algiunos inscritos xa emitiron o seu voto.